Sabías que xa están os pementos de Padrón de tempada? Os auténticos Pementos de Herbón comercialízanse entre maio e outubro, polo que este mes toca facerse con eles. Desde Hotel Scala queremos explicarche cal é a súa orixe e porqué “uns pican e outros non”.
Quédate para sabelo!
A orixe dos pementos de Padrón vincúlase cunhas sementes procedentes de Tabasco (México) que os monxes Franciscanos traían ao convento de Herbón, localidade de Padrón da que o noso hotel está a un paso.
Ao ser considerada unha variante do pemento non é unha IGP (indicación Xeográfica Protexida) polo que podemos atopar pementos de Padrón procedentes de calquera lugar. O que se fixo para remediar isto foi crear a DOP (Denominación de Orixe Protexida) “Pementos de Herbón”.
Como diciamos a época dos pementos vai de maio a outubro, dependendo sempre das condicións meteorolóxicas. Pero a pregunta que de verdade importa é: Por que pican os pementos de Padrón?
A capsaicina é unha substancia que xera a planta do pemento para defenderse contra os insectos e/ou animais herbívoros, polo que algúns poden tela e outros non, ou o que é o mesmo… “ uns pican e outros non”. A maior concentración de capsaicina está na zona das pebidas do pemento, así que xa sabes onde debes ter máis coidado.
Se che tocou o pemento máis picante tes que disolver a capsaicina e un dos remedios é arrastralo con faragulla de pan. Apúntao!
Aínda que hai quen cre que os máis pequenos non pican, non nos atrevemos a dicir tanto, pero iso si, o transcurso da tempada afecta: Os pementos de agosto picarán moito máis que os de xuño. Isto é así porque a capsaicina prodúcese en máis cantidade cando falta auga e fai máis sol.
Ollo ao dato!
Non hai forma de identificar os máis picantes salvo se es unha experta na colleita das plantacións de Herbón. Pero aí está a graza e a emoción deste entrante ou acompañante galego do que tan orgullosos estamos no Hotel Scala e en Padrón en xeral.
Se queres probar os pementos de Padrón estás de sorte, forman parte da nosa carta, así que xa sabes onde tes que pedir este prato. Chámanos ao 981 811 312 e ven ao Hotel Scala. Probáchelos xa?