O pemento de Herbón-Padrón é, quizais, o produto máis coñecido da nosa zona. Actualmente dedícanse unhas 14 hectáreas de invernadoiro ao cultivo do pemento, e unhas 20 hectáreas de terreo ao aire libre, sendo a produción anual de 1,3 millóns de quilos, aproximadamente.
Por este motivo este produto goza dunha festa gastronómica propia que se celebra o primeiro sábado de agosto na parroquia de Herbón, concretamente na carballeira do convento. A esta parroquia padronesa é onde chegou por primeira vez a planta deste froito, traída desde terras americanas fai mais de 600 anos.O festexo, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, tivo a súa primeira edición en 1978.
Na súa XXXIX edición, o programa desenvolverase a partir das 10.30 da mañá cunha misa campestre, seguida dunha procesión agrícola motorizada ata Padrón e a consecuente entrega de premios aos tractores. As degustacións, prato forte da celebración, ofreceranse a partir das 13.30 h. Ás dúas da tarde dará comezo a sesión vermú amenizada polo Trio Unión e Forza e á noite continuará a verbena no campo de fútbol de Herbón, coa orquestra Suavecito.
Poder gozar deste maxar é totalmente gratuíto coa condición de que esteas disposto a correr o risco e probar sorte coñecendo o refrán "Os pementos de Padrón, uns pican e outros non".
Ven a Padrón para degustar este marabilloso prato que, aínda que se pode atopar en calquera bar de tapas e case en calquera época, o certo é que é un produto de tempada e que só en Galicia pódese degustar con tanta calidade e sabor. Nos nosos restaurantes poderás degustar este e moitos outros pratos que che deixarán con ganas de máis.
Alóxache no Hotel Scala para facer da túa viaxe unha experiencia inmellorable! Estamos á espera!