Imaxe: Marcos Creo, La Voz
Apetécevos facer un pouco de deporte e desfrutar dunha das vistas máis espectaculares das Rías Baixas? Hoxe traémosvos a ruta de sendeirismo perfecta: trátase da Ruta Pozo Bastón e a posibilidade de rematala no famoso miradoiro de Monte Muralla, inaugurado no verán de 2020 e que se atopa a moi pouca distancia en coche de Padrón e do noso Hotel Scala.
Esta ruta de sendeirismo é circular e ten unha dificultade media. Son case 15km, o que leva arredor de 5 horas e 15 minutos. Así que se vos parece moi intensa, sempre podedes acortala e evitar o primeiro tramo, limitándovos unicamente a ver o miradoiro.
A menos de 20 minutos en coche do Hotel Scala, situarémonos na Aldea Ermida para empezar o traxecto vendo a Capela de San Xoán. En A Ferreira podemos deixar o coche e a partir de aí ascenderemos para chegar ó Pozo Bastón. Trátase dunha poza natural con fervenzas que está no río Treito, un afluente do Río Te, que desemboca en Rianxo.
A subida comeza no Campelo para chegar ó Miradoiro de Monte Muralla que, aínda que non é un tramo desta ruta, vale a pena subir para ver as súas vistas.
É case imposible que non coñezades a alguén que visitara este miradoiro porque no verán, ca súa recente inauguración, non parábamos de ver a súa pasarela de madeira por todas partes. Non é para menos!
As vistas son inigualables, a 600 metros de altitude pódense ver todas as Rías Baixas, dende Vigo ata a Ría de Muros e Noia, máis de 80km de costa en liña recta. Ademais de ter unha visión absoluta da ría de Arousa e incluso parte de Compostela ou o Pico Sacro, dependendo do clima dese día, poderás apreciar as Illas Cíes e as Ons.
Volveremos por O Campelo para finalizar en A Ermida. E por último, unha recomendación é acercarse ó hórreo de O Araño, construído nos séculos XVI y XVIII, xa que se considera o máis largo de Galicia.
Se vos animades a facer a ruta de sendeirismo enteira ata o Monte da Muralla, recordade que en Hotel Scala estámosvos esperando para que poidades descansar sen ter que volver á casa conducindo durante horas. Correde para facer a vosa reserva#mce_temp_url#!