Estes días Galicia está a sufrir un dos peores momentos para os seus bosques e ecosistemas en xeral, Son moitas as zonas afectadas polos incendios, e aínda que a mayoría xa se extinguiron, os danos que causaron paártennos o corazón. No Hotel Scala considerámonos uns grandes amantes da natureza e por iso, cremos que é necesario que se tome conciencia sobre a importancia e a riqueza natural coa que contan os nosos chans. Por esta razón, queremos poner en valor algunas zonas próximas ao noso hotel polas que desfrutar de infinitos paseos cheos de encanto e natureza, apostando sempre por un turismo sustentable e respetuoso cos ecosistemas.
Unha vez dito isto, colle papel e boli, e apunta ben as nosas recomendacións para gozar dunha agradable camiñada e dunhas preciosas vistas:
Paseando por Padrón
- Área recreativa de Santiaguiño do Monte
Paara chegar a ela temos dúas opción: ou ben a pé, mediante unha interesante escaleira de 132 chanzos ou, para os que prefiren non cansarse demasiado antes de tempo, co coche pola AC-299 en dirección a Rois, desviándonos a man esquerda a uns 300 metros da ponte de Santiago. Alí atoparemos unha paraxe de tranquilidade e natureza na que gozar dun día en familia ou con amigos, xa que conta cunha zona infantil, merendeiro, grellas… Nel destacan tres elementos: a fermosa ermida do século XV, construida en honor ao canónigo San Gregorio; a fonte, vinculada ao perdón dos pecados e empregada en San Xoan para purificar as herbas; e as 10 pedras do conxunto batolítico coa figura do Apóstol Santiago no centro.
- Área recreativa da Desembocadura Sar-Ulla
Seguindo a canle do río Sar, na súa beira esquerda, tras un paseo de 2 quilómetros desde o centro da vila de Padrón, chegaremos a este encantador espazo natural perfecto para gozar dun día de descanso. Este dispón dunha zona acondicionada con mesas, fontes, parque infantil, zona de aparcadoiro, unha senda peonil, un carril bici…
Rutas espectaculares... ¡a tan so 30 minutos en coche!
- Áreas recreativas do Xirimbao (Teo) e Xiamonde (A Estrada)
Estas dúas áreas recreativas separadas polo río Ulla e unidas por unha das pontes colgantes máis longas de Galicia, con 80 metros de longo e 1,5 metros de ancho; contan con zona de aparcadoiro, mesas e sendeiros que discorren polos arredores do Río Ulla, ademáis dun centro de interpretación e dunha estación de cría e reproducción de salmóns.
- Área de Recreo do Campo de Gundián
Taméns a beiras do Río Ulla atopamos esta magnífica contorna natural que destaca polo singular conxunto que conforman o santuario, a fonte, o palco da música, as vistas dende o mirador e o contraste das duas pontes (a antiga e a moderna do AVE). Ademáis, a área de recreo conta con mesas e bancos, perfectos para descansar tras percorrer a zona.
- Parque Natural do Río Barosa
Na N-550 entre Pontevedra e Caldas de Rei, km 104, se encuentra este incrible lugar que combina natureza e arquitectura popular. Conta cun salto de auga bordeado por numerosos muíños que foron recuperados hai algúns anos e os cales podes visitar seguindo as diversas rutas de sendeirismo do parque natural.
Aos pés do salto de auda atópase unha área recreativa con mesas, fontes, grelladas e servizos, ademáis dun restaurante construido nun dos muíños.
Non o dubides, se queres gozar da riqueza natural que nos rodea e visitar estas incribles paraxes, ven e alóxate no Hotel Scala.