Maio achégase e aínda non sabes que regalar polo día da nai, verdade? Pois este ano telo fácil, no Hotel Scala ímosvos a dar o traballo máis que feito cunha experiencia. Só unha cousa: praia ou montaña? Pensa ben que lle pode gustar máis á túa nai e regálalle unha noite no hotel scala para facer este plan toda a familia. Unha fin de semana para desconectar xuntos,
Ti elixes.
A primeira parada será Boiro, un pobo de costa no que vale a pena parar para ver o paseo fluvial do Río Breiro e o seu porto. De aí ímonos a Pobra do Caramiñal, un pobo no que o seu bonito nome xa é un adianto do encanto que ten, e é que aí se atopa o famoso miradoiro da Curota, a que che soa de velo por todas partes o verán pasado? Pois si, está a pouco máis de media hora do Hotel Scala.
Se temos tempo tamén podemos facer unha parada en Ribeira e de aí directos ás Dunas de Corrubedo. Isto é un acerto seguro!
Podes terminar o día en Porto do Son para ver o Castro de Baroña e despois ir directos a cear e durmir no Hotel Scala, non hai nin unha hora de traxecto e iso que percorremos parte da costa durante todo o día.
Para o segundo día toca terminar a fin de semana con outro destino: A Illa de Arousa. Pero primeiro pararemos en Cambados para visitar a preciosa Praza de Fefiñáns e comer por aí. Nesta zona tes para pasar o día tranquilo e volver máis relaxado a casa despois desta fin de semana.
De novo dous días así que cada un imos movernos para un lado. O primeiro deles podemos facer o roteiro ao Monte da Muralla, que sen dúbida o coñeces, aínda que sexa de fotos. O mes pasado fixemos un post sobre el así que aquí tes toda a información sobre este miradoiro con vista panorámica.
O último día podemos ir a Xirimbao, unha área recreativa para comer de picnic en familia se o tempo acompaña, e gozar da súa ponte colgante. Aí podemos pasar a tarde porque hai moi bo ambiente e estás ao aire libre.
Unha recomendación é moverse ao Pico Sacro, tras unha pequena subida contémplase unha das postas de sol máis espectaculares. E de aí podemos ir a Santiago de Compostela para cear. Como a capital galega está moi céntrica de aí podes volver a casa nun dicir amén, e por suposto se queres durmir no hotel Scala estarás en menos de media hora.
A nosa recomendación é combinar estes dous roteiros e ver costa e interior, en Galicia temos tanto que non hai porqué quedar con só unha opción. Así que xa sabes, este ano non hai escusas, dálle á túa nai o mellor agasallo: tempo xuntos.
Sexa cal for a túa opción hotel Scala estará preto do teu destino seguro así que fai a túa reserva e visítanos. Con que opción quedas?