Imaxe: El Español
Se fai uns meses repasamos con vos as randeeiras de Galicia a unha hora de Padrón, hoxe é a quenda doutro atractivo turístico do máis instagrameable. Cerca do Hotel Scala temos algúns dos mellores bancos do mundo de Galicia, e dannos unhas vistas que impresionan.
Se vas visitar Galicia este Ano Santo lembra que, ademais de facer o camiño de Santiago, poderás descubrir lugares que se atopan máis escondidos e a un paso do Hotel Scala. Ao coñecido banco de Loiba, alcumado como “The Best bank of the world”, saíronlle competidores por todos lados.
Así que se este Xacobeo visitas a nosa vila non te esquezas de visitar algúns dos bancos galegos que están máis de moda. Se non os coñeces non te perdas este post,
Descubrímolos xuntos?
En Noalla está o banco ca mensaxe máis bonita do mundo: “Grazas pola vida”. Un banco de pedra que atopamos na praia de Pragueira. A súa historia é desas que emocionan a todo o que pasa por aí, pois un veciño de Noalla quixo agradecer á persoa que o salvou de ser afogado nesta praia fai uns anos.
Pero non só iso,
En Noalla podemos atopar aínda dous bancos máis. Un en Punta Faxilda e outro na Illa do Outeiriño, na Lanzada, pois son dúas dos puntos máis representativos da zona. Aí temos dous pequenos bancos que gravan ás súas costas o nome de Noalla.
Unha recomendación? gozar do atardecer en Punta Faxilda, é máis máxico aínda se o vemos sentados no coñecido banco de Noalla.
En Redondela temos o famoso banco coñecido como un dos mellores bancos do mundo. Aínda que se veu atacado por actos vandálicos, actualmente conta cun novo aspecto en cor verde tras ser reparado por dous mozos do lugar.
Ás súas costas o lema, “Galicia it’s different”, e ó fronte unha das vistas máis espectaculares de toda a ría de Vigo cas súas bateas, a Ponte de Rande e ata as Illas de Cíes e San Simón. Unha panorámica que te deixa sen alento e que hai que visitar a pouco máis dunha hora do Hotel Scala.
En Marín tamén podes sentarte nun dos mellores bancos do mundo para gozar dunhas vistas á Illa de Ons, Beluso, Sanxenxo e Sálvora. O banco de Pastoriza é un miradoiro natural ó que podemos chegar despois dunha longa ruta de sendeirismo de 23 quilómetros se che gusta a aventura, aínda que senón sempre podes acercarte en coche.
Estamos seguros de que, se te decantas polo sendeirismo, á volta só quererás descansar nunha das habitacións do Hotel Scala, pero iso si, as vistas quedarán sempre gardadas para ti.
En Santiago de Compostela temos un gran competidor a todas as vistas de costa. E é que, no Parque da Alameda, vemos un banco que rodea a árbore dos namorados e é que ten as mellores vistas á Catedral de Santiago.
Estas vistas son totalmente diferentes e o que está claro é que están tan cerca do Hotel Scala que hai que desfrutalas si ou si. Asegúroche que quedarás fascinado.
Ademais, no Xardín Botánico- Artístico de Padrón, poderás gozar do banco dos namorados. Este debe o seu nome a que era o lugar no que as parellas de noivos daban pé ós seus romances. Así que,
Ven a namorarte en Padrón!
Agosto e vacacións van da man, así que se estás planeando unha viaxe pola nosa zona debes saber que despois das camiñadas ata os mellores bancos do mundo de Galicia poderás sentarte a gozar de vistas que, sen dúbida, quedarán na túa retina para sempre.
Non te esquezas, este verán aínda podes facer a túa reserva no Hotel Scala ou chamarnos ao 981 811 312 para facer un percorrido polos mellores bancos do mundo de Galicia. Cal vas visitar primeiro?