Comezou a tempada da lamprea! Desde principios deste mes xa podes capturar este prezado peixe tan típico da nosa zona. E aínda que aínda hai moita escaseza desta especie, algúns xa tiveron a sorte de capturala. Queres saber máis sobre a lamprea?
Este histórico peixe, con máis de 500 millóns de anos e sen apenas evolución, captúrase nos ríos. Concretamente atopámolo no Baixo Miño e no Ulla, onde se usan as “ pesqueiras” para facerse con distintas especies da piscicultura, entre elas a lamprea. É dicir, que se captura nos sitios nos que, mediante muros de cachotería, canalízanse as augas para pasar as lampreas a través dunhas nasas chamadas “butróns”. Sabíalo?
A lamprea nace en auga doce, na idade madura atópase no mar e finalmente, regresa á auga doce de novo para morrer. Trátase dun dos animais máis antigos e valorados da gastronomía galega, e non é para menos. Pois a súa peculiaridade fai que confundilo sexa imposible.
A presenza da lamprea fai que reciba sobrenomes de todo menos bonitos: monstro, vampiro… Pois a súa boca é unha ventosa con dentes afiados, con forma de corno e con lingua áspera, que usa para chupar o sangue doutros peixes e así, alimentarse. Trátase, ademais, dun peixe sen esqueleto completo, pois é a cartilaxe o que lle percorre todo o seu corpo.
Agora que xa é a tempada, estamos na mellor época para consumir a lamprea. Pois é entre xaneiro e abril cando esta aparece polas augas fluviais e está fresca. Tes que probala!
En canto comeza a tempada, atopar a lamprea nun establecemento non será misión imposible. Pois en especial, pola zona de Padrón, poderás ver un gran número de restaurantes onde poder probala.
Ademais, a lamprea sérvese en diferentes pratos: en empanadas, á prancha, á bordelesa… E é que da igual como a prepares porque este peixe dará o toque necesario que necesite o teu padal. O seu forte, inconfundible e diferente sabor faina especial e, ademais, fará que non sexa fácil de esquecer.
Se aínda non probaches este peixe, é o momento, aproveita que estamos na tempada para gozala da forma correcta, fresca e viscosa. Padrón, é un punto crave para atopala. E nós estaremos encantados de recibirte cando veñas probala á vila.
Fai a túa reserva no Hotel Scala entre xaneiro e abril cando veñas gozar da prehistórica lamprea. Tanto na nosa web como chamando ao 981 811 312 poderás reservar o teu aloxamento. Agardámoste!