O vindeiro sábado 7 de maio terá lugar no Hotel Scala de Padrón, un encontro de palilleiras de toda Galicia. Ao longo de toda a xornada, artesás procedentes de salóns de todos os recunchos da rexión, levarán a cabo unha demostración desta arte de raíces milenarias.
O grupo Hotel Scala ten o honor de ocupar un dos lugares que influíron na formación lírica de nosa poetisa inmortal. O Pazo de Arretén forma parte da ruta Rosaliana, un camiño poético polas terras do Sar-Ulla.