Imaxe: Padrón Turismo
Por fin! Xuño xa está aquí e con el chega o verán. Trátase dos mellores momentos do ano por todas esas comidas, festas e escapadas en familia.
Uns días de vacacións sempre son necesarios para desconectar e se este ano tes pensado planificar unha viaxe por Galicia, no Hotel Scala queremos botarche un cable.
O verán é a mellor estación para poñerse rumbo aos destinos que máis nos interesan e máis se é con nenos, pois hai que aproveitar as vacacións para pasar o tempo en familia, así que presta atención á ruta que che traemos no Hotel Scala.
O punto inicial será o interior de Galicia, así que comezamos a nosa ruta de fin de semana en familia en Arzúa. Este municipio seguramente che soa, pois o seu queixo está recoñecido coa denominación de orixe Arzúa-Ulloa. Dirixímonos ao encoro de Portodemouros, entre Vila de Cruces e Dombodán e que está formado polas augas do río Ulla. A 25 minutos do encoro está a Fervenza das Hortas, que se trata dunha fervenza de 30 metros que verás desde abaixo e que seguro que aos nenos lles encanta.
En Arzúa estaremos a só media hora de Santiago de Compostela, así que é obrigatorio que esta sexa nosa seguinte parada. Da capital galega deixámosche algunhas pinceladas como Monte Pedroso, A Cidade da Cultura, o Parque de Bonaval e por suposto a Catedral de Santiago, monumento histórico que non pode faltar no teu itinerario, pois pasear pola Rúa do Franco é todo un acerto para a túa escapada.
E agora dirixirémonos a Padrón, a vila máis especial. Un paseo pola zona vella ou ver aos nenos correr polo Xardín botánico- artístico é máis que un bo plan. Ademais, se fai bo día podes aproveitar para merendar na área recreativa Santiaguiño do Monte. Un lugar perfecto para pasar un bo anaco en familia.
Despois dun día de non parar toca descansar. Se ao día seguinte queres continuar con esta planificación para a túa viaxe aconsellámosche durmir no Hotel Scala, pois o noso hotel está na localización idónea. Ademais, hai un parque infantil para non aburrir aos nenos, sala de xogos, air hóckey, piscina e, sobre todo, é o lugar perfecto para gozar dunha boa cea.
Despois de saborear un dos nosos incribles almorzos toca poñer rumbo a este segundo día de escapada en familia. Esta vez imos cara ao sur de Galicia, concretamente visitaremos Vilanova de Arousa para dar un paseo polas praias de O Terrón e As Sinas. O cheiro a mar é necesario para esta pequena viaxe en familia e os nenos agradecerán ter un anaco para facer os seus castelos de area.
Para continuar moverémonos cara á Illa de Arousa, leste é un dos nosos destinos máis recomendados e encima está a menos de 10 minutos en coche desde Vilanova. Aquí tes praias para elixir e incribles locais de restauración para gozar dun bo marisco. Tamén podes visitar o miradoiro o Con do Forno, o Faro de Punta Cabalo ou o Muíño de mareas As Aceas.
Sen dúbida para nós este é un plan que hai que facer en familia, pois ten todo o necesario para os nenos: fervenza, área recreativa, praias… e un hotel para non aburrirse.
En Hotel Scala queremos formar parte de escapada en familia entre interior e costa. Chámanos ao 981 811 312 para facer a túa reserva!