Imaxe: Turismo de Galicia
Se buscas un bo plan para gozar da fin de semana preto de Padrón recomendámosche visitar o Pazo de Oca e o seu impresionante xardín, que é sen dúbida o máis famoso de Galicia. Trátase dun lugar que non deixa indiferente a ninguén. O Versailles galego está a un paso do Hotel Scala. Ven e coñéceo!
Foi construído con finalidades defensivas, pero finalmente acabou converténdose nun conxunto agrícola residencial no século XVIII. Actualmente pertence aos duques de Medinacelli e presenta un estilo barroco. Ademais dos xardíns conta cunha capela, un elemento sempre presente nos pazos galegos.
Atópase a tan só media hora do Hotel Scala, no concello da Estrada. É alcumado por moitos como o Versailles galego, non só polo edificio en si, senón polo seu impresionante xardín. O Pazo de Oca foi declarado Ben de Interese Cultural e Monumento Histórico-Artístico e conta co xardín barroco máis antigo de Galicia.
Os xardíns do pazo enmárcanse na Ruta da camelia, e non é para menos, xa que contan con máis de medio milleiro de variedades desta flor, algunhas son das máis vellas do continente. Ademais, agora é a mellor época para visitalos, xa que é cando se produce a floración das camelias.
Conta con numerosas especies: carballos, castiñeiros, nogueiras, palmeiras… Trátase dun paraíso vexetal no que a pedra e as plantas se unen a outro elemento, a auga. Ten varias correntes de auga e dous grandes estanques (o das Virtudes e o das Vaidades) cunha barca de pedra no centro de cada un.
Estes xardíns poden visitarse a diario en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:00 a 19:00. Para ver o interior do Pazo de Oca necesítase reserva previa.
Unha vez descuberta esta gran obra arquitectónica e paisaxística galega podes visitar o noso Pazo Arretén para vivir unha experiencia de enoturismo cunha cata de viños. Recomendámosche varios lugares próximos nos que ver o atardecer e gozar das últimas horas de sol. Logo podes vir gozar dunha incrible cea no Restaurante Brandal, a última incorporación ó noso Grupo Hotel Scala.
Para vivir a experiencia ao máximo podes aloxarte no Hotel Scala e gozar dunha noite relaxante despois dun día de turismo. Fai a túa reserva na nosa web ou directamente no 981 811 312. Esperámoste!