Celebra o Día do Pai no Hotel Scala
O 19 de marzo celebramos o día dos papás, e como non podía ser doutra maneira, no Hotel Scala temos preparada unha xornada moi especial para homenaxealos. Eles acompáñannos cada día, aconséllannos, cóidannos, conséntennos, e por iso merécense pasar unha xornada en familia con actividades e por que non, cun animado baile.
Para papis de pequenos exploradores
Ademais de recibir ese agasallo que sempre é tan especial feito polos teus fillos no cole, propoñémosvos unha comida especial tanto para o sábado 19 de marzo como para o domingo 20, cun menú para os máis peques e animación infantil ata as 18 horas. Os maiores poderán gozar así dunha sobremesa tranquila mentres os nenos fan novos amigos entre xogos. Para finalizar, unha merenda para repoñer forzas de todo un día de festa.
Para pais con ganas de festa
Para os homenaxeados con fillos xa máis maiores pensamos nunha programación máis animada cun rico menú especial e un baile para pechar a noite. Para evitar coller o coche e poder facer algún pequeno exceso, dispoñemos dunha oferta especial con aloxamento incluído. Comer e brindar cunha boa selección musical, un plan redondo para eses papis que non perderon as ganas de pasarllo ben. Ademais Padrón ofrece o domingo un plan irresistible, xa que se celebra o tan famoso mercado no Espolón da cidade, cita que enche de visitantes e locais o centro. É moi tradicional visitar algúns dos bares da zona vella á hora do vermú tras facer algunhas compras nos numerosos postos que veñen cada semana de diferentes puntos de Galicia a vender as súas mercadorías. Para aproveitar a xornada recomendamos probar o prato estrela da tempada que servimos de diferentes formas tanto no noso Asador Ou´Pazo como no Restaurante Hotel Scala, que participa nas chamadas Xornadas Lampreeiras.
Animádesvos a un Día do Pai estilo Scala?