Desde primeiros de ano ata despois de Semana Santa, máis ou menos, é unha época moi especial para todos os padroneses: a época de captura de lamprea. O río Ulla posúe unha das concas máis importantes de Galicia, con multitude de recursos relacionados coa pesca como a troita, a anguía e a lamprea. Nós xa estamos máis que preparados para esta época do ano, e ti? Comeza a tempada da lamprea co Grupo Hotel Scala!
Un erro que se pode cometer inicialmente é o de identificar á lamprea como un peixe e, aínda que inicialmente pode ser semellante a unha anguía, a lamprea é un dos vertebrados máis antigos, situados na base da orixe dos mesmos.
As lampreas viven en auga salgada ou doce e coñécese a súa pesca desde a época romana. Como xa che contamos, en Padrón aínda podes observar as pesqueiras, unha construción única situada a ambos os dous lados do río Ulla que permite capturar a lamprea a través de varios corpos chamados poios, unha sorte de canellón estreito por onde ten que pasar a lamprea cando vai a desovar. Nesas estreitezas colócase unha nasa para poder pescar a lamprea.
Máis de mil anos sendo considerada un manxar ten que ser por algo, non? A lamprea pódese comer de moitas maneiras diferentes, en empanada, por exemplo, pero a receita máis tradicional é a lamprea á bordelesa, elaborada na súa propia sangue mesturada con viño. Para acompañar, un pouco de arroz e pan frito.
Este manxar debe gozarse polo menos unha vez na vida, posúe un sabor profundo cunha textura que se asemella máis á carne que ao peixe, polo que era moi apreciada en coresma. Moitos defínena como un bocado exquisito ou todo un manxar. Por iso, se ti non queres perderte este bocado exquisito, no Grupo Hotel Scala podes reservar por encargo o teu menú de Lamprea a través do teléfono 981 811 312.