Piscina do Hotel Scala
Cun verán tan cálido como este, quen non necesita refrescarse? Como seguro que planificaches as túas vacacións con antelación, seguro que se ves a Padrón te lamentaras por non elixir un destino de costa, pero nós temos a solución para ti. Hoxe compartimos convosco a primeira parte dos nosos posts para combater a calor en Padrón así que, traémosvos os nosos favoritos: ríos e piscinas para refrescarse co Hotel Scala.
Para quen ir á costa supón un esforzo maior, os ríos e praias fluviais supoñen unha alternativa perfecta para escaparse rapidamente da calor nos días de sol. Dámosvos dúas opcións de baño a un paso de Padrón:
Río Tambre en Ponte Maceira: para algúns, un baño no río conleva adrenalina. Pero neste caso temos a opción perfecta para ti en Ponte Maceira. Por esta aldea de Negreira pasa o río Tambre, un dos máis importantes en Galicia. E sobre el, destaca A Ponte Vella, unha ponte que dará o encanto perfecto ao teu baño neste río a media hora do Hotel Scala.
Praia fluvial de Pontevea: neste caso falamos dun baño no río Ulla, que pasa baixo unha ponte medieval que separa as provincias da Coruña e Pontevedra. A só 15 minutos do noso Hotel Scala atopámonos con esta contorna natural: unha paraxe tranquila e con merendeiro. Este enclave é perfecto se che gusta a aventura, pois aquí poderás gozar dunha tarde diferente grazas ao servizo de alugueiro de kaiaks e táboas de padel.
En Padrón tampouco faltarán as opcións para un día de calor. E é que as piscinas están abertas durante toda a tempada de verán para quen necesite fuxir das altas temperaturas.
Piscina municipal da Escravitude: unha das mellores opcións para aproveitar o día de sol é ir á piscina da vila. Aí poderás refrescarte durante horas sen desprazarte moito do teu aloxamento.
Piscina do Hotel Scala: e como sempre, o noso Grupo Hotel Scala pensa en vós. Pois iso, durante o verán, teremos á vosa disposición a nosa piscina, dispoñible para todos os que decidades aloxarvos aí. Dispón de zona para tomar o sol e, por suposto, de tumbonas para iso.
Axudámosche a fuxir da calor! E, se eres máis de praia non te perdas o noso próximo post. Mentres tanto, fai a túa reserva no noso Hotel Scala. Este verán desfrútao cun mergullo. Estaremos encantados de recibirte, fai a túa reserva a través da nosa web ou no 981 811 312. Contamos contigo para este verán?

Ríos e praias fluviais con encanto para refuxiarse da calor

Piscinas para darse un mergullo