Imaxe: Turismo Rías Baixas
O Camiño de Santiago recuperou neste Ano Santo gran parte dos seus peregrinos. En tempos de incerteza, o sendeirismo, a natureza e o coñecerse a un mesmo teñen aínda máis sentido. Se non viviches a experiencia este verán, hoxe dámosche 3 motivos para facer o Camiño de Santiago en setembro. Aínda estás a tempo de coller a túa mochila a lombos e o teu calzado de trekking. Listos para a aventura?
O camiño fainos profundar e reflexionar, mimándonos con ese tempo do que non dispoñemos o resto do ano. Facer o Camiño de Santiago en setembro é un dos mellores momentos, queres saber por que?
Toma nota!
Menor afluencia de peregrinos. Como diciamos, Santiago encheuse de peregrinos durante todo o verán deste Ano Xacobeo. Por iso, se queres gozar da cara máis íntima da cidade, setembro será un bo mes para facer o camiño.
Nesta época seguen chegando os peregrinos, pero cunha afluencia moito menor, pois as vacacións van chegando ao seu fin. Terás máis terrazas dispoñibles para ti e poderás elixir onde comer o mellor marisco de Compostela. É o momento de botarse a andar!
Un clima perfecto para facer quilómetros. Sabémolo, este verán galego non se caracterizou polas altas temperaturas como noutros anos. Pero, aínda así, o mes idóneo para camiñar é setembro.
O clima e as temperaturas son máis suaves que nos primeiros meses do verán. E aínda que as noites son máis frescas, os días máis curtos e é máis probable que chova… A temperatura é perfecta para camiñar!
As últimas festas do verán. Galicia caracterízase polas súas verbenas e festivais. E é que, aínda que estes últimos veráns as festas escasean en comparación con outros anos, todo verán galego ten a súa banda sonora. Iso si, debes pensar que camiño vas facer.
Por exemplo, se te inclinas polo Camiño Portugués, poderás gozar do Orballo Cultural. Un dos festivais dos que xa falamos no noso blogue e que terá lugar en Padrón a mediados de setembro. E non te esquezas, o Hotel Scala recibirate para que poidas descansar e degustar exquisitos pratos se pasas por aquí.
Facer o Camiño é unha experiencia que todos temos que vivir, polo menos, unha vez na vida. E por que non facelo en setembro? Sen dúbida é un bo mes, así que se pasas por Padrón non dubides en visitarnos no Hotel Scala. Esperámoste!