Coa chegada da primavera, é o momento perfecto para explorar e gozar da beleza natural que rodea Padrón. Se estás a buscar lugares próximos ao Hotel Scala para relaxarte ao aire libre e conectar coa natureza, convidámoste a descubrir tres encantadoras áreas recreativas en Padrón e os seus arredores. Estas zonas son o lugar ideal para gozar dun día de diversión en familia ou dun momento de relaxación en solitario. Acompáñanos a descubrilas!
Situada a tan só uns minutos desde o Hotel Scala atopámonos coa Área Recreativa Santiaguiño do Monte, en Padrón. Esta é un verdadeiro tesouro natural ao estar rodeada de exuberante vexetación, ademais é perfecta para aqueles que buscan gozar dun día de picnic ou unha tranquila camiñada na natureza.
Aquí, tamén poderás visitar a Capela de Santiaguiño do Monte, un pequeno santuario que ofrece vistas impresionantes dos arredores. Despois de explorar a zona, podes relaxarte nos bancos de pedra e gozar dun momento de paz e tranquilidade en Padrón. E para terminar, no Hotel Scala esperámoste para deleitarche coas nosas propostas gastronómicas e cunha cómoda estancia nas nosas habitacións.
A pouca distancia de Padrón atoparás o Parque Irmáns Deus Mosquera, unha Área Recreativa situada en Valga. Este espazo natural convídate a gozar da natureza na súa máxima expresión.
Nesta Área Recreativa de Valga atoparás extensos prados verdes, mesas, bancos de pedra, unha praia fluvial e unha área de xogos infantís, o que fai que sexa perfecta para pasar unha tarde en familia. Goza da tranquilidade da contorna natural e respira aire fresco a poucos minutos do noso Hotel Scala!
A Área Recreativa Mouromorto, situada nunha contorna natural privilexiada, en Teo, é outro destino imprescindible preto de Padrón. Esta está rodeada de bosques frondosos e ofrece a oportunidade de gozar da natureza no seu estado máis puro. Esta zona, ademais, conta con mesas de picnic, o que a converte no lugar perfecto para un día de diversión ao aire libre.
Aquí, poderás relaxarte e gozar da paisaxe a moi poucos quilómetros de Santiago de Compostela, polo que despois de tomar o aire fresco nesta primavera, poderás pasear polo Casco Antigo da cidade e gozar dun refresco nas súas terrazas.
E para terminar, que mellor maneira de completar o teu día na natureza que regresar á comodidade do Hotel Scala en Padrón? Despois dun día ao aire libre, nas nosas habitacións atoparás o confórt que necesitas para unhas vacacións perfectas. Reserva a túa habitación hoxe mesmo e prepárate para gozar da primavera en Padrón!
Foto: Turismo de Santiago