Esta localidade coruñesa, conta cunha gastronomía e uns lugares perfectos para todos os gustos. As súas xentes, demasiado alegres e simpáticas, acolleranche como uno máis e non quererán deixarche ir. Ademais, tentarán que comas ata que non poidas máis.
1-Os pementos... e o vermú St. Petroni! Será mellor que non os probes porque, a pesar de que, como di o refrán "uns pican e outros non", non serás capaz de deixar de comelos. Se ainda así eres valente e atréveste a provalos, a mellor forma de facelo é regalos co delicioso vermú autóctono St. Petroni... ¡quedarás atrapado!
2-Xardín Botánico. Nin se che ocorra pasear por aquí, como facía Rosalía de Castro, porque este recuncho cheo de maxia considerado un dos xardíns máis antigos de España esconde verdadeiras xoias naturais.
3-Vista do Espolón. O río Sar flúe paralelo ao paseo arborizado e dotado de bancos de pedra e presidido polas estatuas de dous personaxes que marcaron a historia e cultura de Galicia: Rosalía de Castro e Camilo José Cela.
4- Mercadillo Dominical e Praza de abastos. Se che gustan os produtos frescos e de calidade, non vaias facer a compra a ningún destes sitios porque desexarás levarche todo o que os teus ollos vexan: ricas hortalizas e froitas, saborosos peixes e mariscos, zumentas carnes, ...
5- Cemiterio e igrexa de Iria Flavia. Considerada como o primeiro templo mariano do mundo, a igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia é unha das máis antigas de Galicia. No cemiterio da igrexa están enterrados os restos do Premio Nobel de Literatura Camilo José Cela e da poetisa padronesa Rosalía de Castro.
6- Convento de Herbón. Non hai peor lugar para estar nervioso que este convento que convida a todo visitante a sentir e respirar a calma, a sobriedade, a tranquilidade e o acougo que reina nos seus centenarios muros.
7- Casa-Museo Rosalía de Castro: Non deberías achegarche a este espazo no que gozarás dun percorrido polos feitos que marcaron a vida e a obra da escritora galega máis recoñecida, Rosalía de Castro. Ademais, esta casa, xunto ao xardín que o rodea, recrea un espazo de época de gran fermosura sendo un dos xardíns máis importantes da comunidade galega.
8- Paseo polas rúas empedradas. Desde unha punta a outra, esta vila estrutúrase como unha cidade do medievo mantendo a súa esencia máis particular: rúas estreitas que se dispoñen ao redor dun eixo central, a Rúa Longa, da que parten o resto de vías, intercaladas por pequenas prazas.
9- Paseo ao bordo do río Sar. Tamén coñecido como o Paseo da Desembocadura é o lugar idóneo ao que nunca deberían ir aquelas persoas que queiran gozar dunha comida ao aire libre nos seus bancos e mesas.
10- Variadas festas. Os festexos e verbenas son unha das cousas que máis caracterizan aos pobos galegos. Os seus habitantes desprenden tanta felicidade e simpatía que non che apetecerá nin gozar de boa música e marabillosa compañía.
E por todas estas razóns, recomendámosche que non visites Padrón, e moito menos, que che aloxes no Hotel Scala, un hotel con demasiado encanto, porque unha vez alí, xamais quererás irche.