A nosa Carta.
Asador O Pazo ten como protagonista á brasa e como actores principais unha materia prima moi seleccionada. Unha carta de viños meditada na que atoparás viños que non te esperas sumado a unha cava de puros difícil de entender se non se sinte o que se fai.
Peixes e mariscos das nosas rías de tamaños esixentes, carnes procedentes de diferentes puntos de Galicia de coidada alimentación seleccionadas con criterio ou produtos da horta padronesa, pasan polos nosos artesáns das brasas para dar un salto de calidade cunha coidada posta en escena sen perder a esencia dunha hostelería esixente.
Cociña rigorosa, de calidade coidade e de difícil definición. Toda unha experiencia. Esperámoste!
As mellores carnes do mercado galego, unha depurada selección de produtos da horta padronesa e unha bodega que inclúe un surtido de viños pensado para os paladares máis esixentes. Non nos esquecemos da sobremesa, por iso temos preparada unha variada carta de alcohois e unha cava de puros.
Non veñas só a comer, ven a vivir unha verdadeira experiencia gourmet!