No Hotel Scala xa temos listo o menú para vosas comidas e ceas do Nadal en grupo! A recta final do ano é o momento de xuntarnos e celebrar o Nadal e sabemos que o Hotel Scala é o lugar perfecto para iso. Descobre o noso menú!
Se queres vir celebrar a túa comida ou cea en grupo neste Nadal, toma nota dos días nos que está dispoñible o noso menú máis especial: 2, 8, 9, 15, 16 e 22 de decembro.
Nestas datas tan sinaladas, sabemos que é moi difícil dar cun restaurante que acerte co gusto de tantas persoas, por iso, no Hotel Scala temos dúas propostas:
Para abrir o apetito comezaremos con empanada de xamón coas súas tostas, e, no menú 1, lagostinos ao vapor e zamburiñas ao forno, mentres que no menú 2, ½ bogavante ao vapor con 2 salsas e vieiras. E, como pratos principais haberá rape panko con pataca tártara e solombo ibérico á pementa con champiñóns. Para finalizar, a sobremesa poñerá o toque doce a esta marabillosa cea.
Ademais de augas e refrescos, o menú inclúe os magníficos viños Albariño Iriensis e Mencía D’Eli da nosa adega, así como café e licores da casa.
O custo total do menú 1 é de 55€ por persoa, mentres que o menú 2 será de 65€. A maiores, as copas, que se cobrarán á parte, terán o prezo de 5€ cada unha. E, por se con isto non é suficiente, adaptamos as nosas tarifas para ofrecervos tamén o aloxamento e o almorzo buffet, sendo de 70€ o cuarto dobre e 45€ a individual. A que esperas para reservar? Esperámosche!
981 81 15 07