Achégase o día dos namorados e no Hotel Scala xa estamos a traballar para que veñas vivir unha velada única coa túa parella o sábado 15 de febreiro. Como cada ano, ofreceremos unha cea especial cun menú deseñado para a ocasión, pensado para que ti e a túa persoa favorita veñades a vivir unha cita inesquecible co noso Grupo Hotel Scala.
Este ano, volveremos contar cun menú especial de San Valentín que vos fará gozar á túa parella e a ti dunha experiencia gastronómica exquisita. Para iso, comezaremos con dous entrantes co marisco como protagonista: a nosa ensalada tépeda de cogollos con lubrigante e zamburiñas crocante sobre crema de tubérculos. Dous pratos espectaculares que che abrirán o apetito!
Para continuar, gozarás xunto á túa parella dun sorbete de amorodo salvaxe, que achegarán ese toque refrescante antes de pasar aos pratos principais: rape á cazola e solombo ibérico. As nosas dúas propostas de peixe e carne, que poñerán o final a esta sucesión de pratos deliciosos.
Para finalizar, chegará o momento doce con cremosito, un das sobremesas máis características do Grupo Hotel Scala. Trátase dunha crema de queixo sobre galleta e marmelada de frambuesa. E por suposto, non faltará o café.
A auga e os refrescos estarán incluídos no prezo, así como a nosa adega: Albariño Pazo Arretén e Mencía D’eli. E por suposto, non faltará o cava para brindar por máis veladas únicas xunto á túa parella.
Se queres gozar da nosa cea máis romántica do ano, non esperes máis e fai a túa reserva para non quedarte sen sitio. O prezo é de 60€ por persoa e, se queres quedarte a durmir, o prezo total será de 95€. Isto último inclúe a cea, a habitación e o almorzo buffet do día seguinte. Unha oportunidade perfecta para gozar da experiencia completa! No Hotel Scala estaremos encantados de recibirte nun día tan especial. Xa podes facer a túa reserva no 981 811 312!