No ecuador do mes de xaneiro, as nosas cabezas xa só poden pensar na festa máis divertida do ano. Tras meses esperando, os máis apaixonados do entroido xa poden ir buscando o seu disfrace para a ocasión. É o teu caso? Pois xunta a todos os teus amigos e ven a divertirte ao entroido do Hotel Scala!
Só debes ter dúas cousas claras antes de vir á nosa cea do Hotel Scala: tes que vir co teu mellor disfrace e con moita fame. Aquí esperarate o noso riquísimo menú, composto por:
• Empanadas variades de millo.
• Croquetas de cocido.
• Tostas de lacón.
• Lacón con grelos ou tenreira asada con guarnición de minestra de verduras.
Ademais de ser unha das festas máis divertidas do ano, tamén cabe facer mención á súa gastronomía. Por iso, entre as nosas sobremesas, non faltarán as filloas recheas nin as deliciosas orellas.
O prezo do menú inclúe a barra libre, para que poidas tomarte unhas copas nun gran ambiente. Pero o mellor é, que poderás gozar da nosa cea polo prezo de 60€.
E se queres quedarte un pouco máis na nosa compañía, no Hotel Scala ofrecémosche unhas tarifas especiais para gozar do entroido:
• Cea, aloxamento e almorzo por 90€
• Menú domingo día 19 por 20€
• Noite adicional por 30€
• Suplemento individual por 20€
Xa non tes que esperar máis, queda moi pouco para que chegue o entroido ao noso Hotel Scala, a festa máis divertida do ano. Fai a túa reserva no teléfono 981 811 312 ou envíanos un correo ao hotel@hscala.com para confirmarnos a túa asistencia. Esperámoste!