Chega o Nadal ao Hotel Scala! É hora de retomar as reunións cos máis achegados, por fin sen ningunha restrición. E que mellor forma de reunirse que as ceas ou comidas? No Hotel Scala propoñémosche un fantástico menú de Nadal e facilitámosche aloxamento para desfrutar das túas festas ao máximo. Por iso recomendámosche que veñas celebrar as túas comidas e ceas en grupo ao Hotel Scala.
No Hotel Scala dispoñemos do menú perfecto para sorprender aos teus amigos, familia ou compañeiros de empresa. Componse de cinco deliciosos pratos elaborados con ingredientes de alta calidade, ademais dunha sobremesa. Queres saber cales son? Non te preocupes, xa sexas de carne ou de peixe, o menú ten pratos moi variados:
Todo isto estará acompañado das mellores adegas: Albariño “Iriensis”, Mencía “D’Eli” e tamén de auga e refrescos. E por suposto, non faltará unha sobremesa para adozar a velada, así como o café e os licores da casa como broche de ouro. Por 50€ poderás degustar este menú especial de Nadal no Hotel Scala, xa sexa nunha comida ou cea.
Para amenizar as vosas ceas e comidas de Nadal, contaremos con Play Discotecas Móviles, que ambientará a ocasión con música para poder tamén bailar. Mentres, poderán pedirse copas por 5€ cada unha. En Hotel Scala a festa está asegurada!
Se queres ser a alma da festa e quedarte ata a hora que queiras podes aloxarte no Hotel Scala. Dispoñemos dun aparcamento gratuíto no que poderás deixar o teu coche. Esquécete da hora que é e queda a durmir no noso Hotel. O teu aloxamento inclúe almorzo bufete, así que prepárate para ter unha gran noite e un magnífico espertar. Elixe o que prefiras:
Se o que buscas é facer que este Nadal sexa inesquecible, fai a túa cea ou comida cos teus compañeiros de empresa, con amigos ou en familia no noso Hotel Scala. Para facer a túa reserva podes chamarnos ao 981 811 312 ou escribirnos un correo electrónico a hotel@hscala.com. Esperamos que pases un bo Nadal connosco!