Este mes de decembro, mergúllate nun oasis de relaxación e benestar nas Termas de Cuntis. Situadas nunha contorna natural privilexiada, estas termas ofrecen unha escapada perfecta para aqueles que buscan desconectar e revitalizarse antes de rematar o ano. Goza dunha experiencia relax preto do Hotel Scala!
Situado a menos de media hora do noso Hotel Scala, atópase o Balneario das Termas de Cuntis. Se estas vacacións de Nadal o que buscas é relaxarte, este é un excelente lugar para visitar e combinar coa túa estancia en Padrón, unha experiencia inesquecible de tranquilidade e confort.
As Termas de Cuntis son coñecidas polas súas augas termais con propiedades terapéuticas. Este recuncho pertencente á provincia de Pontevedra, ofrece unhas instalacións modernas, proporcionando aos visitantes un escape tranquilo e rexenerador. Unha escapada perfecta para aqueles que buscan aliviar o estrés, mellorar a circulación e rexuvenecer a pel.
A partir do mes de decembro, cando as temperaturas descenden, as Termas de Cuntis convértense no refuxio ideal. Mergúllate en piscinas ou goza de tratamentos de spa como masaxes ou outros tratamentos lúdicos. Aproveita os meses de inverno para coidar de ti mesmo e recargar enerxías visitando as Termas de Cuntis durante a túa estancia no Hotel Scala.
Co seu ambiente relaxante e propiedades terapéuticas, a combinación entre as Termas de Cuntis e a estancia no noso Hotel Scala converten este destino nun agasallo perfecto para o teu corpo e a túa mente.
Pero, ademais esta experiencia tamén é perfecta para regalar durante as datas do Nadal. Pois poderás convertelo en toda unha experiencia para a familia, para gozar entre amigos ou para ir en parella.
Se queres darlle un toque delicatessen a esta escapada de confort, engádelle unha visita a O’Pazo Asador, o noso restaurante premiado cunha Estrela Michelin, situado á beira do noso hotel. Farás a experiencia moito máis completa!
Se che convencemos e te deches conta de que o teu corpo necesita unha visita a estas augas curativas durante a túa estancia no Hotel Scala, aproveita e da o primeiro paso: fai a túa reserva na nosa web ou no 981 81 13 12. Ademais, poderás poñerte en contacto con O’Pazo Asador no 981 81 15 07 para elaborar un regala perfecto para estas datas e gozar así dunha escapada relax e moi gastronómica.