Febreiro está á volta da esquina e con el, San Valentín estase achegando. Para celebralo, no Hotel Scala preparamos un menú riquísimo para unha perfecta e romántica velada coa túa parella. Toma nota porque o 18 de febreiro temos unha cita: volve a nosa cea de San Valentín ao Hotel Scala.
Gústeche celebralo ou non, sabemos que o noso menú non te deixará indiferente. E é que, para unha romántica noite, non faltará o agarimo co que sempre elaboramos os nosos pratos. A nosa cita estará composta por:
• Ensalada tépeda de cogollos con lubrigante
• Zamburiña crujiente sobre crema de tubérculos
• Sorbete de amorodo salvaxe
• Solombo de bacallau con grelos e ajada
• Carrilleras estofadas ao P.X.
• “Cremosito” Crema de Queixo sobre Galleta e Marmelada de Frambuesa
• Albariño “Pazo Arretén”
• Mencía D’eli
• Augas e refrescos
• Café
• Cava
O 14 de febreiro é un día especial para as parellas e nós queremos ser partícipes da vosa historia. Por iso, o 18 de febreiro esperámosvos no Hotel Scala para gozar dunha gran velada na mellor compañía polo prezo de 60€. E, se queres alongar o teu plan romántico durante todo o finde, nós acollémoste no Hotel Scala cun prezo especial: cea+ aloxamento+ almorzo buffet por 90€.
A menos de cinco minutos do noso Hotel Scala poderás gozar da vila de Padrón, chea de xardíns e parques preciosos polos que camiñar. Un dos nosos favoritos é o Xardín Botánico que coa súa gran extensión, preserva ao redor de 300 especies.
E, para rematar a túa fin de semana romántica, recomendámosche gozar dun atardecer, non hai mellor plan para ti e para a túa cita. A un paso de Padrón poderás fascinarte coa caída do sol desde diferentes puntos, só tes que elixir cal. Nun dos nosos posts anteriores contámosche os nosos 3 lugares favoritos para ver o atardecer moi preto de Hotel Scala, bota un ollo.
Reserva xa o teu plan romántico de San Valentín no Hotel Scala para gozar dunha rica cea e unhas estupendas paisaxes. Que viva o amor!