Dende o Hotel Scala pensamos que o outono en Padrón é posiblemente a estación menos valorada por moitos: a choiva e o aire cada vez máis frío, levan consigo os últimos restos do verán, os días comezan a acurtarse e os tons máis alegres da natureza sécanse dando paso a unha infinita gama de marróns.
Con todo, o outono ten grandes virtudes que non son ningún segredo para aqueles que saben aprecialas. Por exemplo, é unha boa estación para a gastronomía; é a época da colleita, e tamén a da caza e a da recollida de cogomelos, actividades que ademais están moi ligadas ao sendeirismo.
O outono é un momento estupendo para percorrer calquera ruta vinculada á natureza, xa que as temperaturas non son nin demasiado cálidas nin demasiado frías, e a infinita gama de tons marróns que o cobren todo resulta un verdadeiro espectáculo.
Unha das primeiras posibilidades que se presentan no próximo mes para presencialo, é o programa Goza do Ulla.
Trátase dunha iniciativa dos concellos do Ulla para percorrer os distintos carreiros que acompañan as beiras deste río en múltiples etapas. Dende Vilagarcía ata Monterroso, pasando por suposto por Padrón, a maioría das etapas teñen un percorrido aproximado de entre dez e quince quilómetros, o que resulta ideal para aqueles que non están moi adestrados no sendeirismo.
Se che interesa, podes inscribirche, xa sexa en solitario ou en grupo, no concello correspondente a cada etapa, os martes anteriores ao día da actividade. E na etapa de Padrón, propoñémosche que che pases polo Grupo Hotel Scala a coller forzas, onde poderás gozar dunha gastronomía de tempada, e descansar sentíndoche como na casa.
Podes consultar o programa completo aquí. E lembra que tamén tes á túa disposición na nosa páxina web, calquera das nosas rutas que che ofrecemos como alternativa a un fin de semana otoñal inesquecible.
Sen ningunha dúbida, o sendeirismo é unha das formas de gozar do outono, aínda que hai moitas máis Cal é a túa?