Padrón está de festa, non só pola súa Pascuilla, que acaba este domingo 27 de abril, tamén porque, hai un mes, recibiu o máis alto distintivo da rede “Pueblos Mágicos de España”, a organización que abrangue os concellos que destacan polo seu valor patrimonial, cultural e natural. Dende Hotel Scala, convidámosche redescubrir a nosa vila nesta ponte do Primeiro de Maio!
Padrón é peza imprescindible do Xacobeo. É o lugar, daquela “Iria Flavia”, onde chegaron os restos do Apóstolo Santiago dende Palestina. De aí que a nosa primeira parada sexa a igrexa que leva o seu nome, o mesmo punto onde hai séculos amarrouse a barca co corpo do santo, concretamente, no Pedrón, unha ara romana adicada ao deus Neptuno.
De feito, animámoste a facer a Ruta da Pedronía, que acredita o Camiño de Santiago a Padrón, rememorando a Traslatio dos restos do predicador. Cunha distancia de 26 km, arrinca a túa andaina dende a Praza do Obradoiro de Compostela e durme no noso aloxamento para recuperar forzas antes de explorar todo o que a vila padronesa pode ofrecerte.
Que ver en Padrón?
O noso pobo deixou unha pegada importantísima na literatura universal. Por iso non te podes perder a Casa-Museo Rosalía de Castro. Coñece todos os segredos do fogar da impulsora do Rexudimento Galego! E como de escritores vai a cousa, a Fundación Camilo José Cela (Premio Nobel de Literatura 1989) tamén é de obrigada visita.
Na túa aventura matutina non pode fallar a Ponte de Santiago, a Fonte e o Convento do Carme, cunha fermosa panorámica e o Santiaguiño do Monte, no que aínda se rende culto ao evanxelista na ermida. Seguro que ao chegaren xa empezan soar as tripas, así que aproveita para degustar os mellores sabores no Restaurante Brandal do Grupo Scala, ideal para momentos especiais.
Pola tarde, agárdate un paseo na Área Fluvial do Espolón, na veira do río Sar, onde atoparás os monumentos ás ilustres figuras literarias de Padrón. Por certo, nesta zona celébranse os domingos un mercado con produtos locais. Déixate levar polo barullo e remexe entre os postos antes de explorar o Xardín Botánico-Artístico, unha marabilla natural en pleno centro da cidade.
Se queres poñer o broche final á túa estadía en Padrón, debes reservar no noso Asador O Pazo, cunha estrela Michelín e dous Soles Repsol nas súas costas. O mar, a terra e o lume galegos mestúranse nesta proposta gastronómica sofisticada, rigorosa e esixente dos irmáns Vidal. Unha experiencia gourmet inesquecible, sempre cun servizo e produto de calidade.
Lembra que no Hotel Scala estamos dispoñibles para resolver calquera dúbida que teñas na túa próxima viaxe a Galicia. Somos a opción hoteleira e hostaleira versátil da comarca, a un paso de Padrón, moi preto de Santiago e conectados coas principais vías de comunicación do país. Chámasnos ao teléfono 981 811 312 para reservar a túa habitación!