A nosa tradicional cea de fin de ano volverá estar convosco unha vez máis para despedir ao 2021 e recibir un 2022 que seguro, que virá cargado de bos momentos. Este 31 de decembro volve un dos días máis importantes para nós e todo un clásico no Hotel Scala, a cea de fin de ano, unha cita que nunca nos cansamos de compartir convosco.
Por se te despistaches e aínda non viches o noso menú, hoxe contámoscho todo para que non te quedes sen sitio e reserves a tempo a túa cea de fin de ano. Bota un ollo ao noso menú!
• Copa de benvida
• Lumbrigante ao vapor
• Camarón
• Sorbete de limón ao cava rosado
• Medallóns de rape á cazola con gambas e ameixas
• Carrilleiras estofadas
Para acompañar este menú teremos unha bodega moi especial: Albariño “Pazo Arretén”, Mencía “D’Eli” e Rioja. Ademais de Cava “Freixenet Vintage Reserva” e augas e refrescos. De sobremesa non faltará un variado especial de tartas nin, por suposto, as uvas da sorte que tomamos ano tras ano no noso Hotel Scala.
Apúntate á nosa cea desde xa e dalle a benvida a este ano novo connosco e cun gran cotillón. Se queres vir á nosa cea gala de fin de ano o prezo será de 130€. E, ademais, para este día os prezos serán moi especiais, aproveitando a ocasión.
Se queres quedarte a durmir no noso hotel e gozar dun rico almorzo o primeiro día do ano, o prezo aumentará só a 180€. Se necesitas pagar un suplemento por cuarto individual, este será de 30€ e o almorzo do día 1 de xaneiro de 20€. E se queres unha noite adicional o prezo será só de 30€.
Como non nos esquecemos dos máis pequenos, os menores de 12 anos terán unha oferta moi especial do 50% e un menú específico para eles con:
• Lagostinos ao vapor
• Milanesa
• Sobremesa
Nesta gran noite sacaremos nosas mellores galas para recibir o novo ano. Non esperes máis porque a nosa cea de fin de ano é unha cita moi especial. No Hotel Scala recibirémoste un ano máis con moitas ganas, fai xa a túa reserva. Podes chamarnos ao 981 811 312 ou escribirnos un mail a hotel@hscala.com. Este nadal, pasarémolo xuntos!