Se estás planeando unha visita a Galicia, non podes deixar de incluir Padrón no teu itinerario. A nosa pequena Vila, situada na provincia da Coruña, é un dos sitios máis emblemáticos da rexión, famosa por unha rica historia, por unha deliciosa gastronomía e pola súa beleza natural. Nesta entrada, contámosche todo o que precisas saber para gozar ao máximo da túa visita a Padrón: un destino único para coñecer co Hotel Scala.
Padrón posúe unha rica e fascinante historia que se remonta á época romana. A cidade é famosa por ser o lugar de nacemento de Rosalía de Castro, unha das escritoras máis importantes de Galicia e da lingua española en xeral. En literatos non nos quedamos curtos, pois ademais, Padrón tamén é fundamental na obra de Camilo José Cela.
A Igrexa de Santiago de Padrón, alberga o Pedrón, un anaco de pedra que se utilizou para amarrrar o barco no que se trasladou o apóstolo Santiago ata Galicia e que deu lugar ao topónimo da vila.
Un dos maiores atractivos culturais de Padrón é a súa Festa da Pascua, que se celebra coincidindo coa Pascua de Resurrección: probas deportivas, actos culturais, actuacións musicais... Toda unha festa!
A gastronomía de Padrón é famosa en toda Galicia e en toda España, e é que un dos productos máis emblemáticos da cidade son os pementos de Padrón. Este é unha manxar típico que serve para acompañar a calquera prato e darlle un toque que, moitas veces, resulta moi picante. Ademais, en Padrón pódense probar outras opcións da gastronomía galega, como o polbo á feira, as empanadas ou a lamprea.
E, se queres gozar de productos frescos e de alta calidade, un lugar de visita obrigada é a Praza de Abastos, onde encontrarás un mercado ao aire libre para gozar da nosa gastronomía.
Padrón está situado nun entorno natural privilexiado que ofrece numerosas rutas de sendeirismo e camiñadas para aqueles que desexan descubrir a súa beleza. Unha das rutas máis populares é o Camiño Portugués, que pasa por Padrón na súa última etapa, antes da chegada a Compostela.
En Padrón poderás gozar dunha experiencia turística completa, dende a súa rica historia e cultura ata a súa deliciosa gastronomía e beleza natural. E, se buscas un aloxamento completo que poda ofrecerche o descanso que precisas na túa visita á vila, agardámoste no Hotel Scala. Fai a túa reserva no 981 811 312 ou en hotel@hscala.com.