Imaxe: El Correo Gallego
O pasado mes de setembro, Padrón avanzou no proceso de poñerse en valor como unha parte fundamental do Camiño de Santiago. A Asociación Cultural Villa Petroni promoveu o proxecto arqueolóxico, incluído no programa oficial do Xacobeo 2021- 2022, que ten como obxectivo localizar a roca na que se depositou o corpo do Apóstolo Santiago á súa chegada a Galicia. Este estudo, iniciado en abril de 2018 en Padrón, comezou a finais do mes pasado a súa segunda fase. Confirmarase Padrón como Primus Portus Apostoli?
Conta a tradición que o corpo do Apóstolo Santiago o maior chegou, dende Palestina a Galicia, nunha barca de pedra. Un tramo fluvial que foi guiado polos discípulos, Anastasio e Teodoro, e que acabou en Padrón. Dende aí, continuaron a viaxe para enterralo e posteriormente, tras descubrir os seus restos, naceu Compostela e o peregrinaxe.
En Padrón, comezou todo, pero agora queda demostralo cientificamente. E para iso, a nosa vila estará inmersa neste estudo arqueolóxico. Queres saber máis?
Os traballos de campo para atopar esta roca, visible ata os anos 60, realizáronse en A Barca, Padrón. O obxectivo estivo en completar o estudo do subsolo do antigo meandro do río Sar para así, localizar a pedra de enormes dimensións.
Atopala supoñería un gran valor patrimonial. Podería ser visitada polos peregrinos, do mesmo xeito que o Pedrón, un ara romana onde foi amarrada a barca que trasladou os restos do Apóstolo desde Palestina e que se sitúa debaixo do altar maior da igrexa de Santiago. Visitáchelo xa?
O proxecto, dirixido polo arqueólogo Andrés Bonilla, pretende saber onde está situada exactamente a pedra. Así, analizaranse os resultados para, na terceira fase da escavación recuperar a roca.
Mentres tanto, na nosa vila seguimos á espera de que Padrón se situe como Primus Portus Apostoli e como orixe do Camiño de Santiago oficialmente. Queres coñecer de primeira man onde comezou todo? Convidámoste á nosa vila e a que te aloxes no noso Hotel Scala para que descubras todos os segredos que se esconden aquí. Chámanos ao 981 811 312 ou fai a túa reserva na nosa web. Esperámoste!