Goza en Padrón das pontes de outubro, novembro e decembro co Hotel Scala:
O cubo de choiva e baixas temperaturas destes últimos días serviu para espertarnos dun soño de verán ao que parece que estabamos a empezar a mal afacernos.
Atopámonos xa ás portas do outono, e como cada ano, a ?rentrée? non resulta un bocado fácil de masticar para todo o mundo, e menos despois do bo tempo que tivemos este verán en Galicia.
A algúns lles custa menos que a outros, e a pesar de que aínda non se descubriu un remedio universal infalible para este mal, unha das mellores solucións adoita ser ir planeando a próxima escapada.
Pero antes de que empezos a contar os días ata nadal, recomendámosche pensar en varios festivos que temos este outono, e que ben xestionados, poderían resultar o ingrediente perfecto para desconectar nun par de apetecibles pontes.
O primeiro que nos atopamos é quizais o máis complicado. O 12 de Outubro celebraremos a Festa Nacional un mércores, polo que faría falta tomarse o luns e o martes para poder gozar dunha ponte de 5 días. Aínda así, presenta unha excelente oportunidade para os máis necesitados dun respiro e os que queiran aproveitar antes da chegada do frío.
En novembro a cousa cambia, e o festivo chega caído do ceo con Todos os Santos. O primeiro deste mes cae esta vez en martes, polo que collendo un só día máis poderás gozar dun dobre fin de semana.
É unha boa época para os amantes da caza e os cogomelos, aos que recomendamos especialmente estar tamén atentos durante estas datas á nosa oferta gastronómica.
En decembro, o Día da Constitución (Martes 6) e a Inmaculada (Xoves 8), bríndannos a oferta de pontes máis versátil nunha semana que mesmo podería servir de substituta das mal situadas nadal 2016.
Unha excelente opción é tomarse o luns, mércores e venres, e sumar 9 días para organizar unha escapada e/ou gozar da neve. Aínda que tampouco é mala idea optar por calquera outra combinación, podendo gozar dun bo parón de 4 ou mesmo 6 días.
Sexa como sexa que decidas xestionar as túas vacacións, lembra que no Grupo Hotel Scala estamos á túa disposición e esforzámonos para que se te decides aloxar connosco durante estes días, poidas gozar da túa estancia ao máximo, descansar e sobre todo desconectar.
Porque pensamos que a volta ao traballo non é tan dura se sabes que non tes que esperar ata nadal para gozar das túas próximas vacacións.