Este Fin de Ano, mergúllate nun mundo de sabores e exquisitez en Pazo Arretén. Óscar Vidal, chef do noso restaurante O'Pazo Asador, encargarase, xunto ao seu equipo, de elaborar un menú especial para gozar dunha cea inesquecible. Contámosche máis!
O’Pazo Asador, restaurante do Grupo Hotel Scala galardoado cunha Estrela Michelin e 2 Soles Repsol, levará a súa proposta ao espectacular comedor de Pazo Arretén. Para iso, creou un menú especial que combina a tradición culinaria galega con toques creativos e contemporáneos.
Para empezar, haberá aperitivos e entrantes únicos que espertarán os teus sentidos e abriranche o apetito:
• Joselito ao corte
• Selección de queixos
• Anchoa Sanfilippo
• Zamburiña
• Foie
• Pemento, lura e caviar
Como pratos principais, destacará o marisco, o peixe, e por suposto, as nosas especialidades á brasa, onde a calidade dos ingredientes e a súa preparación únense nunha explosión de sabores:
• Centolo
• Bogavante
• Mero repolo fermentado
• Solombo de vaca rubia galega de Bandeira
Para finalizar, chegará a sobremesa que culminará a túa cea co punto doce. E, para maridar nun día especial, ofrecemos unha selección de viños excepcionais que realzarán cada sabor:
• Leite queimado
• Torta de Padrón
• Petit four do Nadal
• Adega
• Varra libre
En Pazo Arretén, recibiremos o ano da mellor maneira e alongarase ata o día seguinte. Para iso, non faltará o noso almorzo máis especial co que entraremos no 2024:
• Zume de laranxa
• Froita variada
• Tosta de berenxena asada, aguacate e sésamo
• Burrata, tomate, salmón e albáfega
• Ovo poche con crema de cabaza
• Selección de bolería
• Chocolate con churros
Para facer esta celebración de Fin de Ano aínda máis especial, ofrecemos un paquete exclusivo que inclúe a cea de gala en O'Pazo Asador, unha habitación no Pazo Arretén para a noite do 31 de decembro e un delicioso almorzo ao día seguinte, todo por 500€.
Esta oferta única permitirache gozar dunha experiencia completa no Pazo Arretén para brindarche un inesquecible inicio de aninovo. Fai xa a túa reserva no 981 81 15 07 e despide o 2023 cunha experiencia gastronómica única!