A localidade de Padrón ten unha ampla tradición peregrina xa desde a Idade Media. Segundo conta a lenda, se a Catedral de Santiago está situada onde está actualmente é porque previamente, o corpo de Santiago Apóstolo pasou por Padrón. Por esta e outras moitas razóns, é unha parada obrigatoria para os peregrinos e os amantes do Camiño de Santiago.
Desde o Hotel Scala, sabemos de primeira man a importancia que ten Padrón para o Camiño de Santiago e queremos que se o visitas, non te deixes ningún dos seus lugares máis emblemáticos da cultura peregrina sen ver.
O Pedrón: Esta ara romana votiva de granito, é unha das cousas que máis misticismo e historias garda dentro da capital do Sar, de feito, son moitos os que afirman que o nome desta localidade procede del. Este obxecto de culto antiquísimo, tivo varios usos ao longo da historia, creese que puido ser un pequeno Menhir, posteriormente un altar, un bolardo para amarrar os barcos no porto de Iria Flavia en época fenicia etc. Está dedicado ao deus Neptuno, como se pode apreciar no seu gravado.
Pero... Que ten que ver co Camiño? Segundo conta a lenda, o Apóstolo Santiago tras a súa decapitación en Palestina, foi traído polos seus discípulos Atanasio e Teodoro nunha barca (algúns din que de pedra, outros din que de mármore) ata chegar a terras padronesas a través do río Sar, e foi precisamente nese bolardo onde se amarrou dita embarcación. Actualmente, nesa zona, só atópase unha pedra coa inscrición "Dominus Eclesia Procurator edificavit in era MCLXXI" ("O señor procurador da igrexa edificou na era MCLXXI") na marxe esquerda do río, en memoria á primeira igrexa que se construíu en honra ao Apóstolo.
Igrexa de Santiago de Padrón: Son numerosos os lugares marcados polo paso do Apóstolo nestas terras, pero sen dúbida, unha das máis importantes é esta igrexa. Nela atópanse numerosas imaxes do Apóstolo Santiago, como Santiago Peregrino ou o desembarco do Apóstolo e os seus discípulos en Padrón, pero una das imaxes máis peculiares que encerra esta igrexa é a de Santiago "O parrandeiro", talla do século XVIII á que se lle dedica unha romaría cada 25 de xullo. Baixo o seu altar maior, atopamos o Pedrón anteriormente citado, o cal se mostra a todo aquel que o solicite.
Convento e fonte do Carmen: Tras cruzar a Ponte de Santiago en Padrón, é inevitable non cruzarse con este convento. Situado nun lugar privilexiado, no alto da Costiña do Carme e pegado ao monte San Gregorio, este convento neoclásico, converteuse nun dos grades miradoiros da zona. Pasou polas mans dos Carmelitas Descalzos e dos Dominicos. Moi preto de alí, pasando polo albergue de peregrinos, atopámonos a fonte de augas naturais co mesmo nome que o convento. Esta fonte de tres corpos, recolle tres imaxes moi importantes na cultura relixiosa galega: a Virxe das Dores (patroa do bo parto), o traslado do Apóstolo Santiago polos seus discípulos e o bautismo da Raíña Lupa polo Apóstolo Santiago. No interior da fonte, pódese apreciar unha placa onde se indica que se conceden 40 días de indulxencia a todos os que rezasen unha salve ante a imaxe da virxe.
Santiaguiño do Monte: Para chegar ao área recreativa de Santiaguiño do Monte, pódese chegar mediante os 132 chanzos que comezan preto do convento do Carmen ou en coche. Unha vez alí, esténdese ante nós unha ampla zona de descanso, que conta con mesas, grellas, fontes e parque infantil. Nela atópanse 3 puntos crave:
-A ermida de Santiaguiño do Monte: Unha mestura doutras ermidas anteriores, aínda que se cre que a parte máis antiga creouse no século XV. Nela está o sepulcro de San Gregorio, cóengo de Iria Flavia que edificou as casas das familias pobres cos seus propios fondos. A esta ermida, sóbese a partícular talla de Santiago "O parrandeiro" o 25 de Xullo durante a romaría de San Gregorio.
-A fonte: Crese que esta fonte foi froito dun milagre do Apóstolo, o cal fixo brotar auga do chan para saciar a sede dunha gentil muller. Nela, bebían e lavábanse os peregrinos que se achegaban a terras padronesas. Na actualidade, existe o rito de recoller auga desta fonte a véspera de San Xoán para mesturala con herbas aromáticas e afastar aos malos espíritos.
-As rocas: No centro, atópase unha figura do Apóstolo sobre unha peana. Ademais durante moitos séculos, os peregrinos subían a estas rocas de xeonllos rezando en cada un dos chanzos. A crenza popular asegura que se non se percorren de vivo, ha de facerse de morto. Ademais, nelas, existen 3 ocos que se lle atribúen ao Apóstolo ou mesmo ao seu cabalo. Cada un deles recibe un nome: inferno, ceo e purgatorio.
Despois deste percorrido polas zonas máis emblemáticas para os peregrinos que mellor que descansar nun dos mellores hoteis de Padrón?
Ven ao Hotel Scala e goza do mellor descanso connosco!