Imaxe: Orballo Cultural
Este verán é o de dicir que si a todos os plans: paseos, viaxes, comidas e por suposto, festivais. Non te podes perder toda a cultura musical que se repartirá estes meses por Galicia. Se vas pasar por aquí temos algunhas recomendacións que che farán vivir a música en directo de novo, case como adoitábamos facer antes. Anótaos porque son os festivais de Galicia que non te podes perder este verán.
Este mes ven pisando moi forte con respecto ós festivais, pois o 14 de xullo comeza un dos máis grandes de Galicia, O Son do Camiño, Perseidas. Os concertos durarán ata o 8 de agosto e terán lugar en Santiago de Compostela, no Monte do Gozo. Estará adaptado totalmente á situación actual para facernos vibrar de novo.
Por este escenario pasarán artistas coma Rozalén, Guadi Galego, Xoel López, Vetusta Morla, Izal, Raphael, Melendi, Loquillo e moitos máis. Asegurámosche que hai para todos os gustos. Ademais, a menos de media hora terás o Hotel Scala para durmir e desconectar do bulicio da capital galego eses días.
Durante todo o mes de xullo e ata finais de agosto tes unha cita con Solpores no Lagoeiro, en A Estrada. Unha serie de concertos que se darán os xoves e venres. Pasarán por aí artistas da talla de Rosa Cedrón, David Otero, Escuchando Elefantes, Bebe, La Bien Querida ou Café Quijano, entre outros.
Tamén, a media hora, poderás gozar da túa estancia no Hotel Scala. Así acercaraste á costa e ó día seguinte poderás desfrutar doutro plan. Xa sabes, este ano dicimos que si a todo. Aínda que chova, sempre escampa.
En Vilagarcía de Arousa poderemos desfrutar de música e paisaxe dende o 12 de xullo ata o día 24. Falamos do Atlantic Fest, un festival con catro escenarios repartidos polo corazón das Rías Baixas: Vibra Mahou, Xacobeo, Pinar Praia da Concha e Paco & Lola.
Por estes escenarios pasarán Ortiga, La Habitación Roja, Zahara, Dorian, Sidonie, Lori Meyers e moitos outros. Todos eles sen solaparse para acudir a tantos como se queira,
Na variedade está o gusto.
Si che da igual afastarte un pouco máis de Padrón, podes visitar Bueu. A tan só unha hora do Hotel Scala terás un festival con traxectoria e do que xa tiñamos ganas. Falamos do Son Rías Baixas.
Neste festival actuarán artistas coma Sés, Kase.O, Sondarúa, Ciudad Jara, La M.O.D.A. ou La Pegatina, entre outros. Esta cita terá lugar dende o sábado 3 ata o domingo 8 de agosto. Aproveita porque aínda quedan entradas para desfrutar dun dos festivais máis recoñecidos de Galicia.
O festival Orballo Cultural terá lugar en distintas localidades galegas: Carnota, Malpica de Bergantiños, Muxía e Padrón. Aínda que xa empezaron en xuño, en Padrón teremos a cita para o mes de setembro, a última festa do verán.
Non poderían escoller mellor escenario que a Ermida de Santiaguiño do Monte, un encantador lugar de Padrón. Dende artistas coma Iván Ferreira ata Ortiga e pasando por Ataque Escampe poderemos poñer a banda sonora perfecta á nosa vila.
Se queres desfrutar da maxia do entorno, música e unha gastronomía espectacular mestura Padrón, Scala e Orballo Cultural. O plan que te acompañará os últimos días de setembro, eses nos que non queres despedirte do verán. Pospón o seu fin e compra as túas entradas para o concerto que máis se adapte ós teus gustos.
E, por último, o máis especial. Se es de Padrón seguro que xa o coñeces, pero senón non podes perderte o Asnot que se celebrará no Xardín Botánico Artístico o 24 de xullo.
Este ano será diferente, pois haberá que reservar mesa de máximo 6 persoas para garantir maior control e seguridade, pero, aínda que non sexa como o recordamos normalmente, non faltará o humor e a diversión que caracterizan ó ambiente do Asnot.
Fai a túa reserva no Hotel Scala para descansar despois dos festivais máis especiais e completa o teu plan cos nosos almorzos ou ceas post festas. Tamén podes contactarnos a través do noso número 981 811 312, ¿vémonos?