En Galicia, o mes de agosto é coñecido polas súas festas, desde celebracións declaradas de Interese Turístico ata verbenas en pobos máis pequenos. A primeira fin de semana de agosto, é sen dúbida un dos máis aclamados en Galicia, e é que che sobrará que plan facer. Queres que che contemos máis sobre algunhas das festas máis próximas ao noso Hotel Scala?
En Cambados, capital do Albariño, a primeira fin de semana de agosto de cada ano, celébrase esta exaltación gastronómica do viño albariño que atrae a miles de persoas. Esta festa, que ten unha duración de 6 días, estará chea de música coas actuacións de artistas como Zahara, Belén Aguilera ou Justin Quiles.
O primeiro domingo de agosto, en Catoira, represéntase a invasión viquinga sufrida séculos atrás. Nesta festa, declarada de Interese Turístico Internacional, os asistentes caracterízanse como viquingos para gozar da tradicional escenificación do desembarco viquingo nas Torres do Oeste, onde, ademais, tamén hai postos, música e gastronomía.
Esta festa de Porto do Son, celebrada o primeiro finde de agosto, caracterízase polas flores, as cores fosforitas, as perrucas e as vestimentas atrevidas que lle dan nome, a Festa Hortera. Ademais de contar cun mercadillo, música e o seu tradicional chupinazo, como novidade, este ano estará dedicada á artista Tina Turner.
En Padrón tampouco faltará a festa! Nesta ocasión, falamos da parroquia de Herbón, que celebra o primeiro sábado de agosto este evento declarado de Interese Turístico. Nela, haberá unha gran degustación dos pementos de Padrón e pola noite, unha longa verbena.
Se esta fin de semana vas estar en Padrón, non che faltarán plans para divertirte e moi cerquiña do Hotel Scala. Contáctanos ou fai a túa reserva!
Imaxe: La Voz de Galicia