Que non te pille desprevido, xa queda menos para que chegue San Valentín e no Hotel Scala queremos ser unha axuda para ti neste día tan especial para todos os namorados. Aínda non tes o teu plan romántico? Este ano toca celebrar o teu mellor San Valentín en Padrón.
En Padrón vai a aventura, a ti tamén? Entón este plan é para ti. Se aínda non o sabes, na nosa vila temos un perfecto parque de multiaventura para que poidas divertirte en compañía desa persoa con quen a queiras pasar San Valentín. En Galipark terás unha chea de actividades para gozar deste especial día, e o teu elixes: terra ou auga.
E se es máis de relax, aproveita o día para pasear polo xardín máis bonito de Padrón, o Xardín Botánico- Artístico que, ademais, ten un banco perfecto para sentar ese día. Sabes a cal nos referimos? Si, o banco dos namorados, que recibe ese nome por ser o lugar onde moitas parellas daban pé aos seus romances.
Pero se o teu é gozar da gastronomía á beira desa persoa especial, entón temos unha proposta inmellorable. No día dos namorados meréceste facer unha visita ao noso Asador O’Pazo. Alí poderás gozar de exquisitos pratos de rescaldo nun restaurante cun Sol Repsol. Sen dúbida, unha excelente opción para a hora para comer.
Como cada ano, no noso Hotel Scala convidámosvos a vir celebrar unha romántica noite ao noso hotel. Ademais de poñer todo o noso empeño en que gocedes dunha espectacular cea e dun exquisito menú, tamén poderedes quedarvos a durmir e almorzar ao día seguinte.
Un plan perfecto!
Tanto o sábado 12 como o 19 de febreiro ti e o teu acompañante poderedes reservar vosa velada máis romántica. O noso menú estará composto por: Ensalada tépeda de cogollos con lubrigante, zamburiña crocante sobre crema de tubérculos, sorbete de amorodo salvaxe, solombo de bacallau con grelos e allada e carrilleras con guiso ao P.X. Ademais, a nosa mellor adega acompañará cada un destes pratos: Albariño Pazo Arretén e Mencía D’ eli.
E de sobremesa, non poderá faltar o noso cremosito, unha excelente crema de queixo sobre galleta e marmelada de frambuesa. E, para rematar, o café e o cava estarán incluídos. Todo isto por só 50€ por persoa, e xa sabes, se queres gozar do pack completo con cuarto e almorzo buffet serán 80€.
Fai xa a túa reserva para celebrar connosco o día máis romántico do ano. Podes chamarnos ao 981 811 312 ou escribirnos un mail a hotel@hscala.com. Esperámoste!