Imaxe: Turismo de Galicia
A próxima semana será máis curta. E é que temos o festivo do día da Hispanidade polo medio. Aproveitando a excelente localización do noso Hotel Scala, que che parece facer un percorrido para coñecer unha pequena parte da nosa comunidade? Este Ano Xacobeo é un bo momento para descubrir os seus segredos. Hoxe traémosche unha escapada á galega: 4 cousas que facer no festivo de outubro en Galicia!
Gústache camiñar por rúas estreitas e empedradas? A Zona vella das cidades de Santiago de Compostela e Pontevedra están a menos dunha hora do noso hotel. Nestes núcleos atópanse as primeiras construcións, de feito, o Centro Histórico de Compostela foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985. Ademais, se te aloxas connosco, non te esquezas de pasear polo Centro histórico de Padrón, onde o bo tapeo sempre está presente.
O bo tempo non quere irse e parece que o próximo festivo teremos unha xornada de sol. Aproveita para achegarte a algunha Área Recreativa como a de Xirimbao, preto de Compostela, ou Santiaguiño do Monte, en Padrón. Respira aire fresco e goza do exterior para desconectar e sentir a tranquilidade. Relax total!
Xa que o outono está tinguindo as paisaxes coas súas tonalidades cálidas e está deixando ver a súa maxia, é un bo momento para coñecer algunha das fervenzas que están preto de Padrón. Por exemplo, a contorna natural polo que pasa a fervenza de Raxoi, formada polas augas do Río Valga, ou a fervenza do Pozo Negro, en Brión, formada polo río Chaveiros na desembocadura do Río Tambre. A quen non lle gusta ver xigantes caídas de auga?
Nun día festivo, sempre hai que darse o capricho de probar novos sabores. Preto do Hotel Scala, está o noso Asador O’Pazo, onde a súa oferta gastronómica e a innovación da súa carta deixaranche con ganas de volver. Gústache que te sorprendan? Reserva a túa mesa a tempo para probar os mellores produtos da tempada. Un lugar para repetir!
Ademais, non te perdas os últimos posts do noso blogue, onde sempre imos subindo incribles zonas turísticas moi preto de Padrón. Se es desas persoas ás que lles gusta a natureza xa sabes, planea o teu percorrido e fai agora a túa reserva no Hotel Scala ou chámanos ao 981 811 312 para deixarte impresionar pola nosa terra. Con que anaco de Galicia te quedas para visitar este festivo?