Padrón é un pequeno pobo que nunca pasa por desapercibido de quen o pisa. Non só falamos da terra dos Pementos de Herbón, senón que Padrón está moi ligado á historia do Xacobeo e ao mesmo tempo, da literatura galega. Queres saber por que o turismo cultural empapa os arredores do Hotel Scala? Pois só tes que quedarte a descubrilo, entraranche ganas de visitarnos.
Empezamos?
1. Vinculación ao Xacobeo. Padrón é o primeiro lugar que aparece na lenda Xacobea. Pois ben, o nome da nosa vila procede do “ Pedrón” que se conserva baixo o altar maior da igrexa de Santiago. Segundo a tradición Xacobea, esa pedra amarraba a barca que trasladou o corpo do Apóstolo Santiago ata o porto de Iria Flavia. Este feito é moi importante na historia do Xacobeo, pois agora mesmo no Campo de A Barca realízase a segunda prospección para localizar o Pedrón. Padrón convértese, por tanto, no principio da ruta cara o sepulcro para os peregrinos que chegan por mar.
2. A orixe do Camiño. Agora, con Mar de Santiago, podes realizar o roteiro marítimo fluvial que segue os pasos da primeira peregrinación a Santiago. Pois percórrese o trazado que fixo a barca que trasladou os restos do Apóstolo a Galicia. Entre outras cousas poderás ver as coñecidas Torres do Oeste, situadas en Catoira e que podes visitar a moi poucos minutos de Padrón.
3. A literatura galega, moi presente en Padrón. Enfronte á actual estación de tren está a Casa Museo de Rosalía de Castro, lugar onde a recoñecida escritora galega pasou os últimos anos da súa vida. A casa consérvase practicamente igual á súa estrutura orixinal, dedicado á súa memoria. É unha visita obrigada se pasas por Padrón, pois seguro que coñeces algunha das súas obras como “Cantares Gallegos” ou “ Follas Novas”.
Da mesma maneira, en Iria Flavia podes visitar a Fundación Camilo José Cela. Entre as obras máis destacadas do autor temos, “A Familia de Pascual Duarte” ou “A Colmea”. Coñécelas verdade?
Se che gusta o turismo cultural, por que non visitar Padrón? Tanto a nosa vila como os arredores están cheos de historia. E se es un fanático da cultura galega, estamos seguros de que esta viaxe che encantará.
Non o penses máis, fai a túa reserva connosco e alóxate no Hotel Scala mentres descobres os segredos de Padrón. Consulta a nosa web ou chámanos ao 981 811 312. Esperámoste!