Imaxe: Xenerais da Ulla
O entroido galego é, para moitos, o maior evento do ano. En Galicia temos 9 festas de entroido declaradas de Interese Turístico, e unha delas está moi preto de Padrón. Os Xenerais da Ulla, nas provincias da Coruña e Pontevedra, está a un paso de nós. Fuches algunha vez?
Dende setembro de 2013, o Entroido dos Xenerais da Ulla, son unha Festa de Interese Turístico, e non é para menos. Trátase dun espectáculo enfocado na primeira metade do século XIX e, máis concretamente, nos enfrontamentos bélicos da época.
Os Xenerais da Ulla, vívese en Compostela e nas súas inmediacións: Boqueixón, A Estrada, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces. Neste entroido, o maior do Ulla, os Xenerais van nos seus cabalos disfrazados con vestimentas militares e adornos carnavalescos. Todo un espectáculo cheo de tradición e orixinalidade.
Se este ano vas vir á cea baile de entroido do Hotel Scala, bota un ollo ao calendario dos Xenerais da Ulla porque, a un paso, poderás ver como se vive un dos entroidos galegos máis especiais. Tanto o sábado como o domingo, terás a menos de media hora esta divertida festa, así que aproveita para combinar a túa cea no Hotel Scala con estes entroidos. Será unha finde moi completa!
Como seguramente saberás, no Hotel Scala encántannos os entroidos. Pois, ademais das divertidísimas festas que hai por toda Galicia, apaixónanos a comida típica destas datas, e en especial, as sobremesas.
Na nosa cea baile de entroido dispoñemos dun menú que rompe co tradicional, pero contando como base co máis típico do entroido: croquetas de cocido e tostas de lacón. Ademais, de sobremesa haberá filloas recheas e orellas. Non che apetece un entroido connosco? Aproveita para visitar estas dúas propostas de entroido que che ofrecemos no Hotel Scala.
O entroido volveu á nosa terra tras un tempo de parón, agora é momento de escoller o disfrace que che acompañará na nosa cea baile e nos divertidos entroidos dos Xenerais da Ulla. Reserva os teus entroidos connosco no 981 811 312 ou escríbenos un mail a hotel@hscala.com. Esperámoste!