Celebra Fin de Ano coa nosa cea máis especial! Un ano máis, Óscar Vidal, chef do noso restaurante O'Pazo Asador, encargarase de deseñar, xunto ao seu equipo, un menú especial para gozar dunha cea inesquecible en Pazo Arretén. Queres que che contemos máis? Pois segue lendo e descobre o menú ao completo.
Se che gusta descubrir novos sabores, non hai mellor ocasión que o último día do ano para iso. O’Pazo Asador, restaurante do Grupo Hotel Scala galardoado cunha Estrella Michelin e 2 Soles Repsol, trasladará o seu saber facer tras os fogóns a Pazo Arretén. O seu chef, Óscar Vidal, deseñou un menú completo para a ocasión, con pratos da nosa gastronomía elaborados cunha materia prima premium.
Para comezar, deleitará aos comensais con distintos entrantes que abrirán o apetito:
• Joselito ao corte
• Selección de queixos galegos
• Anchoa Sanfilippo
• Zamburiña
• Foie
• Pemento e lura
Os pratos principais estarán protagonizados polo marisco, o peixe e as carnes, a especialidade do chef:
• Centola
• Bogavante
• Mero repolo fermentado
• Solombo de vaca loura galega de Bandeira
Para maridar, ofrecemos unha selección de viños da nosa adega Pazo Arretén, e por suposto, serán os doces os que poñerán o punto final a unha cea tan especial:
• Xeado de yogurt
• Torta de Padrón
• Petit four do Nadal
Despois dunha gran cea e das uvas da sorte, en Pazo Arretén continuaremos a festa para recibir o 2025 con moita música e barra libre, que nos farán gozar dun ambiente único.
Para alongar a noite, poderedes aloxarvos no noso hotel, xa que teremos unhas tarifas especiais para comezar o aninovo nunha contorna inigualable. Ademais, o 1 de xaneiro gozaredes do noso almorzo, formado por distintos pases e tamén deseñado polo chef Óscar Vidal.
Queres gozar da última noite do ano connosco? Goza do noso pack exclusivo con cea elaborada por un chef Estrela Michelin, unha habitación no luxoso Pazo que pertenceu á familia de Rosalía de Castro e un delicioso almorzo por 475€. Se o prefires, podes gozar unicamente da nosa cea, polo prezo de 390€.
Xa podes facer a túa reserva connosco no 981 811 312 para pechar o 2024 cunha experiencia gastronómica única e gozando dun hotel con historia como Pazo Arretén. Esperámoste!