Nesta época do ano, Galicia vístese de luces e maxia, e o Hotel Scala convértese no teu aloxamento perfecto para descubrir algúns dos lugares que locen a súa cara de Nadal na comunidade. Padrón, Santiago, Valga e por suposto, Vigo son 4 destinos imprescindibles para este nadal, acompañámosche a descubrir as luces de Nadal de Galicia?
Padrón, coa súa rica historia e as súas rúas empedradas, cobra vida durante o Nadal cun despregamento de alumeado. Este ano, na vila atoparás unha preciosa decoración chea de casiñas e de luces moi brillantes en forma de árbore e de agasallos.
Ademais, Padrón, conta cunha programación especial de Nadal que remata o 6 de xaneiro cun concerto polo Día de Reyes. Entre as actividades máis esperadas está a visita de Papa Noel, a Cabalgata e moitas outras pensadas para facer gozar a toda a familia como concertos ou espectáculos de maxia. Non o podes perder na túa visita ao Hotel Scala!
A menos de media hora do Hotel Scala, atópase Santiago de Compostela que, este ano, baixo o lema “Compostela, a Estrela do Nadal”, ilumínase cunha espléndida exhibición de luces do Nadal que acompañan o encanto da preciosa capital de Galicia.
No Hotel Scala, recomendámosche visitar esta cidade nesta época para gozar do seu Mercado de Nadal de que se desenvolve na rúa Carreira do Conde e no centro comercial Área Central. Ademais, en Santiago deberás visitar, entre outras moitas zonas, a Praza Roxa, que conta cunha atracción para os máis pequenos, unha nora, e por suposto, a Praza do Obradoiro que, este ano conta con oito xardíns que rodean a árbore principal de leds.
Ademais de contar cun brillante alumeado, Valga, na provincia de Pontevedra, esperta durante o Nadal cunha maxia especial, onde destaca o seu tradicional Belén artesanal. A asociación "Amigos do Belén" fixo de novo un traballo excepcional que o converte nun dos beléns máis importantes de Galicia.
En 400 metros cadrados, dispóñense unhas 4.500 pezas feitas a man que fan un percorrido pola actualidade, con figuras que representan os acontecementos e os personaxes máis soados do ano, así como os recursos turísticos de Valga e outros elementos máis característicos do que é un Belén tradicional. Unha parada imprescindible na túa viaxe de Nadal!
Vigo transfórmase a partir do mes de novembro nun espectáculo de cor e brillo. A tan só 45 minutos desde o Hotel Scala, atópase a cidade do Nadal de Galicia, onde destaca unha árbore de case 20 metros de altura con luces brillantes e música.
Polas rúas da cidade, tamén atoparás a maxia do Nadal en forma de caixa de agasallo, unha enorme bóla, un boneco de neve e por suposto, a xigante nora. Ademais, o mercadillo do Nadal continúa este ano con 22 casetas cheas de gastronomía e de produtos artesáns perfectos para regalar. Unha experiencia única!
Este ano goza dunha estancia no Hotel Scala e tómao como punto de partida para visitar 4 lugares únicos en Nadal. Fai a túa reserva para aloxarte cunha situación idónea no teu percorrido polas luces de Galicia. Esperámoste!