O 22 de setembro, día no que comeza o outono, xa está ao virar a esquina: unha época do ano na que as rúas se enchen de alfombras de follas de diferentes tonalidades e onde o clima é menos sufocante que no verán. O outono é a túa estación favorita? No Hotel Scala propoñémosche o mellor plan para vir celebralo connosco, ademais este ano o cambio de estación cadra en fin de semana! Para unha Benvida ao outono de 5 estrelas nas terras de Rosalía, aquí deixámosche as nosas recomendacións:
Pasea polo Espolón
Se queres gozar dun tranquilo paseo a beiras do río Sar, ao que tanto escribiu nosa poetísa, o Paseo do Espolón é o teu lugar. Deixa que Rosalía de Castro exerza como anfitrioa e che dea a benvida ao paseo. Ademais, tamén poderás sacarte unha fotografía coa escultura-homenaxe a Camilo José Cela e gozar das alfombras de follas que os maxestuosos Plátanos de Sombra crean a ambos os dous lados do paseo. Pero se queres descubrir unha nova cara deste lugar, suxerímosche que o visites en domingo, cando os postos dun dos mercados máis grandes de Galicia enchen de cor e texturas todo o espazo.
Barriga chea, corazón contento
Todos sabemos que Galicia é unha das comunidades de maior recoñecemento gastronómico. Se o teu é a paixón pola comida, recomendámosche que en outubro percorras as rúas do Centro histórico e te deixes seducir polas propostas que elaboran os diferentes bares durante o "Saborea Padrón", un concurso de tapas que che deixará coa boca aberta. Pero se o teu é o comer de gran calidade e en abundancia, non dubides en reservar a túa mesa no Asador O Pazo, onde poderás degustar os mellores produtos de tempada do mar e da horta padronesa.
Vive o cambio de estación no Xardín Botánico
Este xardín Botánico-Artístico, considerado Monumento Artístico Nacional, é o lugar idóneo para pasear e descansar dunha dura xornada de turismo. As súas numerosas especies vexetais procedentes de diversos puntos do planeta e os seus emblemáticos monumentos, enchen de misticismo e encanto o lugar, facéndoo un recuncho máxico de Padrón.
E por suposto, a nosa última recomendación: Alóxate no noso Hotel Scala: xa temos unha habitación preparada e esperándote! Consulta as tarifas na nosa web.