Finaliza o 2022 e chega a nosa cea de fin de ano, que unha vez máis busca deixar o ano con bo sabor de boca. Trátase de todo un clásico no Hotel Scala. Como cada 31 de decembro, propoñémosche esta cita na que compartir cos teus unha velada inesquecible.
Aínda que a compañía é importante, para nós o fundamental é a comida, por iso lembrámosche o noso fantástico menú. Está deseñado pensando especialmente nunha cea de fin de ano con pratos de primeira calidade:
Esta gran selección de alimentos irá acompañada das mellores bodegas: Albariño “Pazo Arretén”, Mencía “D’Eli”, y Rioja. Como non podía ser doutro xeito, dispoñeremos de Cava “Freixenet Vintage Reserva”, así como tamén de auga e refrescos. De sobremesa ofrecémosche un variado de tortas que non deixará indiferente a ninguén. Para finalizar o 2022 da mellor forma darémosche como cada ano no Hotel Scala as nosas uvas da sorte.
A mellor festa para despedir o ano
Ademais da comida, poderás dar a benvida ao novo ano cun gran cotillón no Hotel Scala. O prezo para esta cea de gala de fin de ano será de 150 €. Ademais, poderás aloxarte no noso hotel se o desexas. Temos uns prezos especiais para esta ocasión.
Para quedarte a durmir no noso hotel e saborear un delicioso almorzo o 1 de xaneiro, o prezo será de 200 €. Se precisas un cuarto individual a maiores, o incremento será de 30 € e o xantar do primeiro día do ano de 20 €. Para pasar no Hotel Scala unha noite adicional, o custo aumentará en 30 €.
Se queres vir cos máis pequenos, informámoste de que os menores de 12 anos terán un desconto especial do 50 %. Ademais, preparámoslles un menú que lles encantará:
Saca as túas mellores galas e acompáñanos neste fin de ano máxico. A nosa cea de fin de ano é a nosa cita máis especial. Para reservar no Hotel Scala podes chamarnos ao 981 811 312 ou escribirnos un correo electrónico a hotel@hscala.com. Ven pasar un próspero aninovo!