Estás listo para vivir un San Valentín perfecto? Queda pouco para o día máis romántico do ano e no Hotel Scala queremos facer que sexa inesquecible para ti. Aínda non tes plan? Propoñémoscho nós!
Un ano máis, convidámoste a celebrar unha romántica noite no Hotel Scala. Goza dunha cea espectacular cun menú que inclúe:
• Ensalada tépeda de cogollos con lubrigante
• Zamburiña crujiente sobre crema de tubérculos
• Sorbete de amorodo salvaxe
• Rape á cazola
• Solombo Ibérico
Ademais, a cea estará maridada cunha incrible adega formada por Albariño “Pazo Arretén”, Mencía “D’Eli” e cava. E para terminar, café e de sobremesa, o noso cremosito, unha espectacular crema de queixo sobre galleta e marmelada de frambuesa. Tanto as augas como os refrescos estarán incluídos no prezo total desta fantástica cea.
O prezo para saborear nosa espectacular proposta gastronómica para esta ocasión especial é de 60€ por persoa. Ademais, no Hotel Scala, queremos convidarte a durmir e a que goces dunha estancia con almorzo incluído ao día seguinte por tan só un custo adicional de 35€. Así, poderás aproveitar para organizar unha escapada por Galicia co noso aloxamento como punto de partida, lembra que estamos a un paso das Rías Baixas. Experiencia completa!
O sábado 17 de febreiro tes unha cita connosco e con esa persoa especial. Goza dunha experiencia gastronómica única e complétaa reservando unha estancia connosco. Chámanos ao 981 811 312 ou escríbenos a hotel@hscala.com e prepárate para vivir o San Valentín máis romántico en Padrón.