Volve o nadal ao Hotel Scala! Despois dun ano no que nos distanciamos máis que nunca, é momento de reunirse. O espírito máis festeiro do nadal volverá acompañarnos nunhas datas moi sinaladas e que cada vez están máis preto.
Este ano poderás volver celebrar as túas ceas e comidas de nadal en grupo no noso Hotel Scala: en familia, con amigos ou de empresa. E para que non se che escape nada, hoxe contámosche o menú no que poñeremos todo o noso empeño desde este momento para que coñezas os apetitosos pratos de principio a fin. Preparados?
• Xamón Ibérico cas súas Tostas
• Lagostinos ao Vapor
• Zamburiñas ao Forno
• Medallóns de Rape en Salsa Verde con Berberechos
• Xarrete Asado con Guarnición
• Sobremesa
Todo isto estará acompañado das mellores bodegas: Albariño “ Iriensis”, Mencía “D’Eli” e tamén de auga e refrescos. E por suposto, para a guinda final non faltará o café e os licores da casa. Por 47€ poderás gozar deste menú especial para a ocasión e dunha espectacular comida ou cea no Hotel Scala.
Play Discotecas Móviles poñerá o ritmo na vosa ceas e comidas de nadal, con música para bailar e facer disto, unha cita inesquecible. Neste caso, as copas cobraranse aparte polo prezo de 4€ cada unha. A festa será a protagonista destes días tan especiais no noso Hotel Scala!
Para acompañarnos neste gran día, poderás deixar o teu coche no noso aparcamento gratuíto. Despreocúpate e queda a durmir connosco. Ademais, na nosa tarifa de aloxamento estará incluído o almorzo buffet, ocórreseche un espertar mellor? Ti elixes:
• Cuarto dobre: 55€
• Cuarto individual: 40€
Se queres que a túa cea ou comida de empresa, en familia ou entre amigos sexa inesquecible, feixe o teu reserva no Hotel Scala, nós encargarémonos de todo. Podes chamarnos ao 981 811 312 ou escribirnos un mail a hotel@hscala.com. Este nadal esperámoste con máis ganas que nunca!