O día dos namorados está ao virar a esquina, e como sempre, no Grupo Hotel Scala queremos axudarvos a celebrar esta data tan especial da mellor maneira posible. Por iso, propoñémosche algúns plans para gozar o 14 de febreiro en Padrón coa túa parella, que se complementan á perfección coa cea especial de San Valentín que preparamos para o sábado 15. Toma nota!
Roteiros a cabalo
Aínda que podería non parecelo, o inverno é unha época ideal para facer saídas a cabalo. As choivas características desta época do ano fan que os bosques, carreiros, ríos e fervenzas estean máis exuberantes que nunca, e os días frescos converten o paseo nun momento moi agradable e divertido para os cabalos, algo que sen dúbida nota tamén o xinete.
A tan só 15 minutos en coche de Padrón, nos municipios veciños de Teo ou Ames, existen diferentes empresas que ofrecen roteiros a cabalo nunha bela contorna rural, mesmo para persoas que non teñan ningunha experiencia montando estes animais. Outra alternativa para ter en conta é a de descubrir a cabalo as fermosas costas de Arousa ou o Barbanza, un servizo que ofrecen hípicas das localidades de Riveira ou Serra de Outes e que, aínda que un pouco máis afastadas (a unha media hora en coche), gozan de moi boas conexións desde o noso hotel. Ocórresevos algún plan máis romántico?
Acción para os máis aventureiros
A pouco máis dun quilómetro do noso hotel sitúanse as instalacións de Galipark, o parque multiaventura de Padrón que ofrece numerosas actividades en grao sumo emocionantes en terra, aire e auga. Aquí, as parellas máis aventureiras poderán descargar adrenalina facendo rafting ou kayac no río Ulla, escalando o rocódromo, ou gozando doutros plans como circuítos en altura, paintball, laser tag, tiro con arco ou quads. As opcións son moi variadas, e o mellor é que o parque está tan preto do noso hotel que será moi fácil vir descansar ao terminar. A diversión está asegurada!
Cea no Hotel Scala
E para terminar o plan romántico, que mellor que celebrar o día dos namorados cunha cea? Por iso, no Hotel Scala preparamos un menú moi especial no que poderedes degustar deliciosos mariscos, peixes e carnes, acompañados da nosa mellor adega e a sobremesa da casa a un prezo de só 45€ por persoa. Ademais, as parellas que queiran aloxarse connosco poderán gozar da cea, cuarto dobre e almorzo buffet por tan só 75€ por persoa. Alguén dá máis? Reserva a túa praza no teléfono 981 811 312 ou no mail hotel@hscala.com. Esperámosche!