Agora que estamos na época máis terrorífica do ano, no Hotel Scala queremos convidarvos a celebrar Samaín e o Magosto en Padrón. E é que, para aproveitar a ponte da semana que vén, que mellor que pasalo na nosa vila?
O vindeiro martes 31 de outubro na Praza de Macías ou, no Pavillón do Souto en caso de choiva, dará comezo a programación máis terrorífica do municipio padronés.
A partir das 17.00 horas celebrarase un obradoiro de decoración de cabazas, onde cada neno e nena terá que traer a súa de casa para preparala in situ.
Ademais, nesa mesma franxa horaria e, con duración ata as 19:00 horas, tamén haberá animación e pintacaras acorde á festividade. Ás 18.30 horas da tarde, empezará a Disco monstruoso con xogos, música, bailes, pompas de xabón e globos xigantes para divertir aos máis pequenos, e para poñer fin a esta xornada, a partir das 19.00 horas repartiranse castañas gratis para todos os asistentes para celebrar o magosto.
Aproveitando a visita á nosa vila para divertirvos co Samaín e o Magosto padronés, recomendámosvos gozar tamén da súa gastronomía. E é que, en Padrón, poderedes sorprendervos coas diferentes propostas que ofrecen os seus restaurantes, cada cal coa súa particularidade.
Como non podería ser doutra forma, nestas mini vacacións queremos recomendarvos o noso restaurante galardoado cunha Estrela Michelín e dous Soles Repsol. O’Pazo Asador destaca polo seu traballo á brasa e cada día actualiza o seu menú de rescaldo, ofrecendo aos seus clientes variedade e calidade nunha mesma proposta. Anímaste a probala?
Ademais, o noso restaurante O’Pazo conta cunha privilexiada localización, situado á beira do Hotel Scala, con ampla capacidade de aloxamento para gozar da ponte. Este Samaín esperámoste! Reserva a túa estancia connosco na nosa web.