Prepárate para un día de diversión no Hotel Scala! Reserva o 10 de febreiro para nós porque se che gusta a boa comida e pasalo ben, tes que unirte á nosa incrible festa de Entroido. Contámosche o noso menú!
A alegría estará presente de novo no Hotel Scala para vivir unha noite inesquecible de entroido, onde non a faltará a decoración festiva nin a música. Pero iso non é todo, porque ademais, faremos o que mellor se nos dá: preparar un menú riquísimo e perfecto para o entroido. Imos cos entrantes!
• Empanadas variadas de millo
• Croquetas de cocido
• Tostas de lacón
A cea continúa con dous pratos principais a escoller entre lacón con grelos ou tenreira asada con guarnición de minestra de verduras. E, se aínda quedas con fame, desvelámosche cal é a sobremesa: filloas recheas e orellas.
Goza da nosa incrible festa no Hotel Scala por tan só 50€ e con copas ao prezo de 6€ cada unha. No caso de que queiras quedarte connosco máis tempo, o prezo da cea con aloxamento e almorzo do día seguinte ascende a 85€, e a comida do domingo día 20 sería de 20€ adicionais.
Se non queres perderte esta gran festa de Entroido só tes que facer a túa reserva no 981 811 312 ou en hotel@hscala.com. Esperámoste o 10 de febreiro para celebrar xuntos o día máis divertido do ano. Non te esquezas de traer o teu mellor disfrace!