Comeza a conta atrás para o inicio da Semana Santa… xa queda moi pouquiño para que cheguen os tan esperados días libres! No Hotel Scala sabemos que o estades desexando, con todo, é posible que aínda non escollésedes o plan para estas xornadas de descanso ou que mesmo que esteades dubidando se facer ou non unha pequena escapada. Desde o noso hotel en Padrón dámosvos 10 motivos para que veñades visitarnos estas vacacións de Pascua!
Despois dun ano de pandemia no que sacrificamos tantas cousas xa toca darse o gusto de gozar dunhas vacacións, non creedes? Por suposto, con moita precaución e aplicando todas as medidas de seguridade para que a situación non volva empeorar. Con sentidiño todo é posible!
E é que non podemos esquecer que o ano pasado, por estas datas, todos estabamos encerrados en casa, no medio do máis duro do confinamento e pasando moitos medos e incertezas. E aínda que a situación aínda non sexa a de antes da pandemia, agora que podemos saír temos a oportunidade, sempre sendo responsables, de recuperar ese tempo perdido.
Saír da nosa zona de confort, relaxarse, desconectar… viaxar sempre é un ben plan para descansar, facer cousas diferentes e reencontrarse cun mesmo. E máis aínda despois dun ano tan duro, non vos parece?
Esta semana Santa non poderemos saír de Galicia. E aínda que isto poida parecer algo malo, en verdade é unha gran oportunidade para descubrir todos eses lugares da nosa terra que temos pendentes e apoiar ao noso sector da hostalería e o turismo.
E xa que imos a redescubrir Galicia, que mellor que empezar por Padrón? A nosa vila é un pobo con encanto, preto de todo e con moitas cousas que ver: o centro histórico, o Pedrón e a súa vinculación coa orixe da Ruta Xacobea, o xardín botánico artístico, as casas museo de Camilo José Cela e Rosalía de Castro, o Convento de Herbón, as pesqueiras da lamprea, os impresionantes “canóns” do Ulla e a súa contorna… poderiamos pasarnos o día enumerando cousas interesantes que facer!
Sen dúbida estas serán unhas vacacións de Semana Santa diferentes, pero con todos estes motivos que vos enumeramos… non hai dúbida de que vos merecedes facer as maletas e vir visitarnos! No Hotel Scala estamos a esperarvos, cunhas instalacións totalmente seguras e con todo o espazo preciso para gozar mantendo as medidas de protección e sen preocuparvos por nada máis. Chama ao 981 811 312 para facer a vosa reserva!