Dunha forma ou outra, en outubro e novembro gozamos dalgún que outro día libre. Sexa polo festivo do día 12 de outubro ou, o 1 de novembro, o que está claro é que, se lle arrimamos un par de días, temos o tempo necesario para facer unha escapada. Hoxe contámosche 5 motivos para elixir o Hotel Scala nas pontes de outubro e novembro.
A costa galega é un imprescindible para a túa viaxe nas pontes de outubro e novembro. O noso Hotel Scala está cerquiña de moitos dos máis bonitos.
Algúns dos máis próximos á vila son Rianxo, Combarro, Muros e Noia. Chegar a eles levarache ao redor de media hora ou un pouquiño máis se decides visitar o máis afastado. Pero sempre podes planificar unha ruta para percorrer varios deles nun mesmo día, algúns coinciden no traxecto e hai pobos con moito encanto.
Prohibido visitar Padrón e non achegarse un día a Santiago de Compostela. Pois a un paso do noso Hotel Scala atópase a Catedral á que chegan miles de peregrinos ao ano.
Os nosos puntos crave son o Parque da Alameda, cruzar o coñecido paso de peóns de Porta Faxeira e a partir da Rúa do Franco, tes que perderte entre as rúas de pedra do seu casco antigo. Non hai mellor plan!
Se che gusta patear, en Padrón e nos seus arredores, poderás elixir, de entre moitos traxectos, o teu preferido. Contámosche algunhas das opcións? A Ruta Rosaliana, a Ruta do Río Té, As Brañas de Laíño, o Camiño da Pedronía e, por suposto… a última etapa do Camiño: Padrón- Santiago.
Connosco non che faltará de nada. Temos servizo de almorzo para os máis matutinos, menú do día para os máis clásicos e, unha carta para quen prefira escoller á súa antollo. E ademais, dispoñemos de servizo Take Away para que poidas levar a túa comida nas rutas ós pobos costeiros, de sendeirismo… Non faltará de nada!
Á beira do Hotel Scala está outra das nosas opcións para gozar dunha boa gastronomía nas túas vacacións. Nesta ocasión, falamos dunha materia prima seleccionada con moito coidado para padais máis exquisitos. Asador O’Pazo é a elección perfecta para despedir as túas vacacións, un manxar dos de verdade.
Fai a túa reserva na nosa web ou no 981 811 312 e goza da nosa localización e das nosas instalacións nas últimas pontes do ano. Esperámoste no Hotel Scala!