Foto: Turismo de Galicia
Achégase a ponte de maio, se estás a pensar en facer unha escapada ao Hotel Scala, queremos axudarche a descubrir Padrón e os nosos arredores cunha oferta turística moi variada entre si. Contámosche 4 plans moi diferentes para facer na ponte de maio se te aloxas en Padrón. Imos alá!
Se o teu é perderte no medio da natureza e descubrir impresionantes paisaxes, moi preto do Hotel Scala atoparás Valga. Este municipio pontevedrés está situado á beira do río Ulla e nel, poderás atopar xoias naturais como as fervenzas e muíños de Parafita e Raxoi.
A tan só uns 20 minutos en coche desde o Hotel Scala, gozarás de bañeiras naturais formadas polas augas do río Valga, nas que, se o tempo o permite, ata te poderás mergullar. Un plan perfecto!
Ao redor do Hotel Scala e a pouco máis de media hora en coche, a costa galega ofrece unha gran oferta de praias preciosas polas que pasear cando o tempo é agradable. Neste caso, queremos recomendarche As Furnas. Esta praia atópase no municipio de Porto do Son, no Barbanza, e caracterízase polas súas canles e piscinas naturais formadas polo desgaste do vento e da auga nas súas rocas de lousa.
A súa area branca e a bravura do mar que a baña caracteriza As Furnas, un areal tamén coñecido por ser o lugar que cambiou a vida a Ramón Sampedro. Aquí atoparás un busto e unha placa que lle homenaxea pola súa loita a favor da eutanasia. Nos últimos anos, ademais, esta praia tamén se deu a coñecer pola serie Fariña, pois é aí onde atoparás o bar e o banco que se fixeron famosos en televisión.
A Ruta Rosaliana ou, As Pegadas de Rosalía, é un traxecto perfecto para ti se che gusta aproveitar os días de descanso para facer un pequeno roteiro de sendeirismo. Neste caso, falamos dun itinerario que segue a vida da escritora Rosalía de Castro, polo que ademais a túa camiñada estará acompañada de moita historia.
A Ruta Rosaliana percorre os municipios de Ames, Brión, Dodro, Padrón e Santiago e, entre os seus puntos de interese atópase o noso Pazo Arretén, dos devanceiros maternos da escritora. Non o perdas!
Se o que prefires é gozar dunhas espectaculares vistas, nos arredores do noso Hotel Scala tes múltiples opcións pero sen dúbida, hai unha que non deixa indiferente a ninguén. Trátase do Miradoiro da Curota, do que xa falamos noutras ocasións.
Este, sitúase na Serra do Barbanza e está a pouco máis de media hora do Hotel Scala. Desde el podes gozar dunha ampla perspectiva das Rías Baixas, pois a túa mirada alcanzará ata a presenza de bateas da ría de Arousa. Non te perdas os seus máxicos atardeceres!
Se este ano queres ir con tempo, fai a túa reserva e goza destes 4 plans diferentes para facer na ponte de maio. Ademais, o Grupo Hotel Scala pon á túa disposición unha gran oferta gastronómica composta por: Hotel Scala, Restaurante Brandal, O’Pazo, sendo esta última nosa aposta máis gourmet galardoada cunha Estrela Michelin e dous Soles Repsol. Fai a túa reserva no 981 811 312 ou en hotel@hscala.com.