Neste verán tan atípico debido á pandemia do Covid 19, moitas persoas pensan realizar o Camiño de Santiago durante as súas vacacións. Percorrer o roteiro Xacobeo é unha boa opción que, ademais, permítenos viaxar mentres nos desprazamos ao aire libre e en contacto permanente coa natureza durante a maior parte do día. Se apostas por calzarte as botas e comezar a camiñar, o máis recomendable é que planifiques ben as túas paradas e sobre todo os lugares nos que vas durmir, buscando aloxamentos que che permitan manter a distancia social e que cumpran con todas as medidas de seguridade. Por iso, desde o Grupo Scala queremos convidarvos a escoller o noso hotel como o voso aloxamento na última etapa do Camiño Portugués. Dámosvos algúns motivos para iso!
Descansa na túa propia habitación
Mentres que noutro tipo de aloxamentos os dormitorios son comunitarios, escoller un hotel permíteche dispoñer da túa propia habitación, polo que sempre estarás coas persoas da túa contorna, coas que xa te atopas de viaxe, e non con xente descoñecida. No Hotel Scala dispoñemos de cuartos individuales, dobres, triplos e cuádruplos, polo que podemos adaptarnos para ofrecer unha solución cómoda a calquera grupo de peregrinos á vez que mantemos as medidas óptimas de seguridade. Ademais, no noso hotel implementamos un importante protocolo de seguridade, polo que todas as nosas habitacións son desinfectadas de maneira minuciosa.
Outra gran vantaxe de escoller o noso hotel é que todas as habitacións contan con baño privado, o que fai aínda máis seguro aloxarse connosco.
Limpeza e desinfección dos espazos comúns
O noso hotel conta cun protocolo de limpeza e hixienización propio non só para as habitacións, se non tamén para todas as zonas comúns. Así, ao longo de todo o noso establecemento poderedes atopar xeles hidroalcohólicos e biombos protectores, e todas as superficies de maior contacto e os espazos cun maior movemento de persoas son desinfectadas de maneira minuciosa e constante para garantir a seguridade de todos os nosos clientes.
Moito espazo e todos os servizos
Pero máis aló de todos os protocolos de seguridade, no Hotel Scala atoparedes numerosos espazos abertos, como os nosos xardíns ou a nosa piscina, e tamén de zonas comúns interiores moi amplas, como a nosa sala de xogos ou o comedor, nas que manter as distancias é moi sinxelo á vez que gozades de todos os nosos servizos. Ademais, o noso hotel sitúase no mesmo Camiño de Santiago, polo que terminar e comezar o roteiro desde as nosas instalacións resultaravos moi cómodo.
Por todo isto e moito máis, no Grupo Hotel Scala esperámosvos cos brazos abertos para acollervos na última etapa do Camiño Portugués con todas as medidas de seguridade. Máis información e reservas na nosa web, no teléfono 981 811 312 ou no mail hotel@hscala.com. Esperámosvos!